Paula del Río Segura, nada en Barcelona o 28 de febreiro de 2000, é unha actriz española de cinema e televisión que participou nas longametraxes O descoñecido (2015), A sombra da lei (2018) e Cuerdas (2019). Ademais, foi unha das protagonistas de El internado: Las Cumbres (2021-2022), serie reboot de El internado, en Amazon Prime Video, co papel de Paz Espinosa.
Traxectoria Curmá da tamén actriz Andrea del Río, naceu en Barcelona no 2000 e tivo a súa primeira interpretación con 10 anos na curtametraxe Levedad. Nos seguintes anos continuou participando nalgunhas curtametraxes até que en 2015 deu o salto ao cinema co filme O descoñecido, dirixido por Dani de la Torre, xunto a Luís Tosar e Elvira Mínguez, entre outros. Este papel valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista na 14ª edición dos premios.
En 2018 volveu participar noutra longametraxe de Dani de la Torre A sombra da lei, interpretando a Elisa. En 2019 protagonizou a longametraxe Cuerdas de José Luis Montesinos, co papel de Elena, unha rapaza paralítica que queda pechada na casa do seu pai cun can rabioso.
En televisión participou en Centro médico, Servir y proteger, Hospital Valle Norte e Bany Compartit, onde interpretou unha das protagonistas. En 2021 uniuse ao elenco principal da serie reboot de El internado, El internado: Las Cumbres, onde interpreta o papel de Paz.
Filmografía Cinema Ano Título Papel Director 2015 O descoñecido SaraDani de la Torre 2018 A sombra da lei Elisa 2019 Cuerdas Elena José Luis Montesinos
Televisión Ano Título Papel Canle Notas 2017 Centro médico AliciaTVE 1 episodio 2018 Servir y proteger Lidia Velasco Elenco secundario; 3 episodios2019 Hospital Valle Norte Irene Elenco secundario; 2 episodios Bany Compartit Greta Puig TVE Cataluña Elenco principal; 39 episodios 2021-2022 El internado: Las Cumbres Paz Espinosa Amazon Prime Video Elenco principal (tempadas 1-2); 16 episodios2023Las invisiblesMarisaSkyShowtimeElenco principal; ¿? episodios
Galardóns e nomeamentos Ano Premio Categoría Traballo nomeado Resultado Ref. 2015 Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor actriz revelaciónO descoñecido 2015 Premios Mestre Mateo Mellor actriz protagonista 2020 Festival de cinema fantástico Grimmfest Mellor actriz protagonista Cuerdas
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Actores de cinema de Cataluña Categoría:Actores de televisión de Cataluña Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista