miniatura|200x200px| Imaxe dunha moa coas raíces cara abaixo. miniatura|300x300px| Debuxo das pezas dentais. A moa ou molar é o máis complexo dos dentes da maioría dos mamíferos. Está situado na parte posterior da mandíbula. A súa función primordial é a de esmagar os alimentos, o que lle dá o seu nome, que tamén se usa na "pedra de muíño". Como son dentes que teñen varios puntos na súa zona de contacto cos alimentos, dise que son multicúspides.
A maiores da súa función de moer, é un dos primeiros dentes permanentes en irrupción no arco dental (ao redor dos seis anos) determinando a clave de oclusión. Calquera persoa que perda este dente pronto experimentará algúns problemas no futuro. A oclusión fica fóra de axuste, afectando á mastigación e pode causar dor na articulación temporomandibular; o desgaste dental (debido a un desaxuste) aparece visibelmente e os dentes restantes tamén comezan a separarse, abrindo espazos. Nestes casos, o tratamento rehabilitador ofrece ao paciente condicións case normais. Polo xeral, é necesario contar con profesionais multidisciplinares que traballen como protésicos, ortodoncistas, implantólogos, entre outros. Normalmente hai doce molares e oito dentes premolares nun adulto.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Canino (dente).
Ligazóns externas Dentes e moas na fraseoloxía galega Xesús Ferro Ruibal
Categoría:Anatomía