A larinxite é unha inflamación da larinxe. O síntoma máis común é voz rouca e tamén poden producirse con febre, tose, dor na parte frontal do pescozo e dificultade para tragar. Na maioría dos casos, os síntomas duran menos de dúas semanas.

Tipos e causas A larinxite clasifícase como larinxite aguda cando os síntomas duran menos de tres semanas e como larinxite crónica cando dura máis de tres semanas:

Os casos agudos son xeralmente causados por unha infección viral do tracto respiratorio superior. Entre outras posíbeis causas están outros tipos de infeccións e trauma físico causado pola tose.

Os casos crónicos poden ser causados polo tabaquismo, tuberculose, alerxias, refluxo gástrico, artrite reumatoide ou sarcoidose.

O mecanismo subxacente implica a irritación das cordas vocais. Diagnose Entre os sinais de alerta que poden indicar a necesidade de realizar máis probas están a presenza de estridor, antecedentes de radioterapia no pescozo, dificultade para tragar, unha duración de máis de tres semanas e antecedentes de tabaquismo. Cando estes signos están presentes, as cordas vocais adoitan examinarse mediante laringoscopia.

Entre as condicións que poden producir síntomas similares atópanse a epiglotite, o crup, a inspiración dun corpo estraño ou o cancro de larinxe.

Tratamento

A forma aguda adoita curar por si soa, co único consello que é descansar a voz e beber líquidos.

Os antibióticos non parecen ter ningún beneficio na maioría dos casos agudos.

Prevalencia

Aínda que a forma aguda é común, a forma crónica non o é. A forma crónica ocorre con máis frecuencia na idade media e é máis común entre homes que mulleres.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

larinxe farinxe farinxite inflamación traquea traqueíte cordas vocais cordite tuberosa

Categoría:Doenzas respiratorias