O Premio de Honra Fernando Rey é un recoñecemento especial dos Premios Mestre Mateo á traxectoria de profesionais pola súa relevancia para o sector audiovisual galego. Entrégase cunha periodicidade anual.

O premio leva o nome de Fernando Rey, actor da Coruña que tivo recoñecemento internacional polo seu traballo ás ordes de directores como Luis Buñuel, William Friedkin, Orson Welles ou Franco Zeffirelli.

Gañadores 2003: Víctor M. Ruppén 2004: Luís Álvarez Pousa 2005: Equipo Lupa 2006: Marcial Lens 2007: Pedro Amalio López 2008: Ernesto Chao 2009: Suso Montero 2010: Enrique Banet 2011: Luís Tosar 2012: Dolores Ben 2013: Xabarín Club 2014: Manuel González Álvarez 2015: Fely Manzano 2016: Xavier Villaverde 2017: Marta Villar 2018: María Bouzas 2019: Mela Casal 2020: José María Rodríguez Armada, "Chema" 2021: Manuel Lourenzo 2022: Margarita Ledo Andión 2023: Nani García 2024: Eva Veiga 2025: Encarna Alonso 2026: Rosa Moledo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Premio de Honra Fernando Rey na páxina da Academia Galega do Audiovisual