Jayati Ghosh, nada o 16 de setembro de 1955, é unha economista india.
Traxectoria Ensinou economía na Universidade Jawaharlal Nehru durante 35 anos, e dende xaneiro de 2021 é Profesora de Economía na Universidade de Massachusetts Amherst, EE.UU. As súas principais áreas de estudo son a economía internacional e a globalización, os modelos de emprego nos países en desenvolvemento, a política macroeconómica e o xénero e o desenvolvemento.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Nados en 1955 Categoría:Economistas da India Categoría:Profesores da Universidade de Massachusetts Amherst