Carme Rodríguez Rodríguez, nada en Ribadeo en 1996, é unha compositora, orquestradora, arranxadora e multiinstrumentista galega.
Traxectoria Filla de Mª del Carmen Rodríguez Cancelo e José Rodríguez Saavedra, ambos mestres e afeizoados á música e participando por moitas décadas na Coral Polifónica de Ribadeo, da que a nai é directora, recibiu dende pequena a afección á música da familia.
Formada primeiramente en Ribadeo, obtivo con matrícula de honor o grao de Composición de Músicas Contemporáneas na Escola Universitaria de Artes e Espectáculos TAI de Madrid no 2018, Dende 2013 compón bandas sonoras para curtametraxes, filmes e outros espectáculos. En 2017 traballou co compositor francés Pascal Gaigne. Escribiu para o concerto do Día das Letras Galegas por encargo da Xunta de Galicia, ou para a Orquestra Sinfónica de Galicia.
É promotora do festival de curtas de Ribadeo e ten participado en diversas charlas e conferencias.
Recoñecementos 63 variations on the body, Open Call for Composers (2015) Abanico de Vías. Teatro de la Estación (2016) X Concurso Galego de Composición para Banda de Música (2017) Construíndo Sons (2018) II Concurso Internacional de Composición María de Pablos (2019) - 2º premio CreaClásica (2019) III Concurso Internacional de Composición María de Pablos (2020) pola obra Ánimas, composición para piano e clarinete baseada no cadro Un mundo, de Ángeles Santos (no Museo Reina Sofía).
Notas
Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes