Percy Metcalfe, nado en Wakefield o 14 de xaneiro de 1895 e finado en Londres o 9 de outubro de 1970, foi un escultor, gravador e deseñador inglés, coñecido sinaladamente polos seus deseños de moedas para distintos países, como Irlanda, o Reino Unido e outros territorios de soberanía británica e da Commonwealth.
Nas moedas creadas por el, Metcafe gravaba adoito as súas iniciais ("PM") a modo de marca de gravador.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Perrcy Metcalfe naceu o 14 de xaneiro de 1895 en Longfield Terrace, Alverthorpe, na vila de Wakefield, no condado inglés de Yorkshire occidental,"Percy Metcalfe". En Mapping the Practice and Profession of Sculpture in Britain & Ireland 1841–1951. University of Glasgow History of Art / ATII (Sculpture.gla.ac.uk)."Designers of New Zealand Coins: Mr. George Kruger Gray". En Numismatic Journal. Royal Numismatic Society of New Zealand. Vol. 3 (33). Febreiro de 1961. Páxina 76. segundo fillo de Hannah Thorpe e de John Metcalfe,Devine, R. "Metcalfe, Percy". En Dictionary of Irish Biography (DIB.ie). que era mecánico en Alverthorpe."Percy Metcalfe CVO RDI (1895 - 1970)". Wikitree.com
Entre 1910 e 1914 a súa formación artística xeral na Escola de Arte de Leeds e, logo de gañar un premio para unha exposición real, ingresou no Royal College of Art de Londres,"Blue plaque unveiled to Wakefield’s ‘unknown artist’". Wakefield Civic Society (Wakefieldcivicsociety.org.uk). onde recibiu a influencia do escultor Francis Derwent Wood, con quen traballou.
Metcalfe cumpriu o servizo militar durante a primeira guerra mundial no corpo da Artillaría Real. Neste período resultou gravemente ferido nunha perna, o que condicionou a súa carreira posterior, xa que se viu obrigado a relegar o seu interese pola escultura, ao non poder ficar moito tempo de pé. Logo do conflito, en 1919 foi desmobilizado e retomou os seus estudos no Royal College of Art —do que chegou a ser membro asociado—, e en 1921 viaxou a París grazas a unha bolsa de estudos.
Carreira artística De volta a Londres, Metcalfe pasou catro anos traballando no estudio do artista Charles Sargeant Jagger. De camiño empezou a recibir recoñecementos polo seu labor artístico. Participou na Exposición do Imperio Británico de 1924, onde gañou a medalla de bronce pola súa obra escultórica do "león de Wembley"."The lions of Wembley ". Brent People's Museum (brentpeoplesmuseum.org). 22 de xullo de 2014. No marco desta grande exposición producíronse as primeiras colaboracións de Metcalfe coa Royal Mint de Londres, consistentes en deseños de medallas para os expositores unha medalla de recordo, algunhas das cales foron cuñadas no propio lugar da exposición."Percy Metcalfe". Royal Mint Museum (Royalmintmuseum.org.uk). A partir desta experiencia, Metcalfe comezou a recibir numerosas encargas tanto públicas como privadas, entre eles medallas de bronce para a exposición de Wembley (1925) e para celebrar a visita a Inglaterra do rei Fuad I de Exipto en 1927.
Metcalfe traballou principalmente como escultor, gravador e deseñador, e os seus éxitos máis salientables chegáronlle cos seus deseños para medallas, grandes selos e, sinaladamente, moedas. Logo do seu éxito co deseño das primeiras moedas do Estado Libre de Irlanda, o director da Royal Mint, de Londres, brindoulle a posibilidade de participar no deseño dun bo número de moedas para diversos territorios de soberanía británica e, paralelamente, seguiu recibindo importantes encargas de diversos tipos, entre eles diversos deseños de obras decorativas interiores en bronce e outros metais para edificios públicos, comercios e outras empresas.
Entre outros encontros artísticos salientables, Metcalfe participou na exposición anual do Instituto Real de Belas Artes de Glasgow (1925-1926), na exposición de artistas de Yorkshire, da Leeds City Art Gallery (1933), na exposición do centenario do Leeds College of Arts (1946) e na exposición de verán da Royal Academy of Arts de 1938.
En 1937, a Royal Society of Arts (RSA) recoñeceu o labor artístico de Metcalfe outorgándolle o título de Deseñador Real para a Industria (RDI), o máximo galardón que se concede aos deseñadores no Reino Unido."Past Royal Designers for Industry". Royal Society of Arts (Thersa.org). Ese mesmo ano foi nomeado tamén membro da Real Orde Vitoriana.
Vida persoal En 1920, Percy Metcalfe casou en Kensington con Eveline Mabel Smith, con quen tivo dúas fillas: Helen e Jeanne.
Metcalfe finou o 9 de outubro de 1970 no Hospital Fulham, de Hammersmith, Londres,"Deaths Dec 1970". Freebmd.org.uk como consecuencia dunha broncopneumonía.
Obra
Deseñador de moedas Percy Metcalfe é coñecido por ser o deseñador de numerosas moedas, sinaladamente de Irlanda, do Reino Unido e territorios da súa soberanía, e tamén doutros, como Exipto."Percy Metcalfe". Numista.com
Moeda irlandesa miniatura|Reverso do ½ reul (3 peniques) de Irlanda (1928)."½ Reul / 3 Pingine". Numista.com|140x140px
En 1926 aprobouse a Lei da Moeda do Estado Libre Irlandés, e Metcalfe gañou o concurso para o deseño das novas moedas, convocado pola Comisión Irlandesa de Moeda, presidida polo peta William Butler Yeats."Percy Metcalfe, Coin Designer, (1895-1970)". Museumsvictoria.com.au Esta primeira serie emitiuse a partir de 1928 e estaba composta por oito moedas, entre o feoirling (¼ penique) de bronce e a ½ coróin (2 xilins e 6 peniques)."Percy Metcalfe’s Irish Coin Designs (1927)". Oldcurrencyexchange.com
Para o anverso de toda esta serie elixiuse un deseño de Metcalfe consistente nunha arpa gaélica, baseado na arpa do Trinity College. O seu deseño da arpa, con lixeiras modificacións doutros artistas, mantívose posteriormente nas emisións monetarias irlandesas,"CoinWeek Coin Designer’s Profile: Percy Metcalfe". En Coin Weekly (Coinweek.com). 20 de xullo de 2015 mesmo despois da chegada do euro en 2002. Pola súa banda, para os reversos Metclaf creou un deseño específico para cada moeda, baseado en diferentes animais: cabalo, salmón, touro, can lobeiro irlandés, lebre, galiña, porco e paxaro (Scolopax)."Percy Metcalfe: ireland pound". Numista.com"How Irish coin designs of 1928 influenced modern coin design". Oldcurrencyexchange.com"O’Brien Coin Guide: Percy Metcalfe’s Irish Coin Designs (1927)". Oldcurrencyexchange.com Esta serie, producida pola Royal Mint, de Londres, coñeceuse popularmente como Barnyard Collection ("colección do curral") e,"Barnyard collection: The Coins of the Irish Free State". Coinsandhistoryfoundation.org malia gozar dun bo acollemento pola poboación, recibiu críticas por parte de diversos estamentos, destacadamente da Igrexa, pola ausencia no deseño de simboloxía relixiosa.
Entre 2010 e 2012, o Banco Central de Irlanda emitiu tres moedas conmemorativas con valor facial de 15 euros nas que outros gravadores renden homenaxe a Metcalfe reinterpretando tres dos seus reversos de animais, concretamente o cabalo (2010),"15 Euros Horse". Numista.com o salmón (2011)"15 Euros Salmon". Numista.com e o lobeiro irlandés (2012)."15 Euros Irish Wolfhound". Numista.com
Moeda británica e dos territorios de Ultramar Metcalfe ocupouse tamén do deseño de diversas moedas para o Reino Unido. En 1935, con motivo da celebración dos 25 anos de reinado de Xurxo V (1910-1936), emitiuse unha moeda dunha coroa conmemorativa. Para o anverso da moeda tomouse o busto do monarca deseñado por Edgar Bertram MacKennal e que aparece igualmente noutras moedas, en tanto que para o reverso se lle encargou a Percy Metcalfe un deseño específico, que consistiu nunha imaxe de San Xurxo a cabalo e sobre un dragón."1 Crown - George V Silver Jubilee". Numista.com Por mor do evidente deseño modernista, esta creación de Metcalfe non chegou a merecer moito crédito por parte dos coleccionistas numismáticos.Starck, J. (2014). "What was the first true commemorative English coin?". En Coin World. 28 de abril. miniatura|Rupia da India Británica. Ambas as faces foron deseñadas por Metcalfe."¼ Rupee - George VI". Numista.com|280x280px En 1936, Metcalfe deseñou o busto coroado de Eduardo VIII (1936) para os anversos ordinarios das emisións británicas para ultramar, que, malia ser aprobado polo monarca, non chegou a ser utilizado en ningunha cuñaxe para a circulación antes da abdicación de Eduardo no mes de decembro dese mesmo ano.Dyer, G. P. (1973). The Proposed Coinage of Edward VIII. HMSO. Giordano, J. S. (2009). Portraits of a Prince: Coins, Medals and Banknotes of Edward VIII. Spink. ISBN 9781902040967
Así e todo. Metcalfe recibiu inmediatamente a encarga de realizar un novo retrato coroado similar ao anterior para o novo monarca, Xurxo VI (1936-1952), igualmente destinado ás emisións de moedas para diversas dependencias e territorios de soberanía británica, entre eles os seguintes: África Occidental, África Oriental, Ceilán, Chipre, Honduras Británica, Hong-Kong, Fiji, Guiana, illa Mauricio, illas Seychelles, India Británica, Jersey, Malaisia, Dominio de Nova Zelandia, Rodesia do Sur e Xamaica.
Outras moedas e medallas Percy Metcalfe fixo tamén diversos deseños para moedas doutros países, nalgúns casos membros da Commonwealth e noutros non vinculados ao pasado colonial británico:
Australia: coroa conmemorativa do Centenario de Victoria e Molbourne (1934-1935)."1 Florin - George V Victoria and Melbourne Centenary". Numista.com Canadá: anverso do dólar canadense de 1935 co busto de Xurxo V."1 Dollar - George V Silver Jubilee". Numista.com Bulgaria: serie de 50 e 100 leva (1934-1937) a nome de Boris III."50 Leva - Boris III" e "100 Leva - Boris III". Numista.com Grecia: anversos das moedas de 10 (1920) e de 20 dracmas (1930), cos bustos de Deméter e de Poseidón, respectivamente."10 Drachmai" e "20 Drachmai". Numista.com Exipto: anversos da serie da libra exipcia (1929-1950) cos bustos de Fuad I (1922-1936) e Faruq I (1936-1952). Iraq: anversos da serie de moedas cos bustos de Faisal I (1921-1933) e de Ghazi I (1933-1939).
Outros traballos Ademais de moedas de curso legal, Percy Metcalfe foi tamén autor de traballos de medallística moi sinalados. En 1937, para conmemorar a coroación de Xurxo VI e a raíña Isabel, a Royal Mint de Londres emitiu unha medalla deseñada por el, en cuxo anverso aparece unha representación dos bustos acaroados da parella real."Medal - George VI and Elizabeth Coronation". Numista.com Dous anos máis tarde, este deseño do anverso foi utilizado novamente para unha medalla conmemora da visita que Xurxo e Isabel fixeron a Norteamérica, emitida pola Real Casa da Moeda do Canadá."Medal - George VI Royal Visit". Numista.com
Por outra parte, o deseño de Metcalfe para o anverso da primeira serie de moedas do Estado Libre Irlandés adoptouse posteriormente como base do Gran Selo do Estado Libre Irlandés en 1923 e seguiu a constituír o modelo de todas as representacións oficiais do emblema da arpa nos selos de Estado, na moeda irlandesa posterior e no escudo de armas da República de Irlanda.O'Donnell, M. L. (2013). "Tuning the harp to suit a changing Ireland". En The Irish Times. 16 de xaneiro.
Percy Metcalfe foi tamén o creador da Cruz de Xurxo en 1940. A Cruz de Xurxo é a segunda na orde de uso no sistema de honras do Reino Unido e é a máis alta condecoración ao valor para civís, así como para membros das forzas armadas en accións polas que normalmente non se concederían honras puramente militares. Este deseño de Metcalfe incorporouse tamén na bandeira de Malta, en recoñecemento á valentía demostrada por esta illa durante o seu asedio na Segunda Guerra Mundial.
Algúns dos deseños dos bustos reais creados por Metcalfe foron tamén utilizados en selos postais británicos, como é o caso dos conmemorativos dos Xogos Olímpicos de 1948,"Olympic Games 1948 - London". Colnect.com e os da Unión Postal Universal de 1949."Universal Postal Union 75th Anniversary ". The Postal Museum (postalmuseum.org).