Casco Histórico de Vallecas é un dos 3 barrios que conforman o distrito de Villa de Vallecas pertencente ao termo municipal de Madrid (España). Corresponde á trama urbana do casco antigo do pobo de Vallecas. Dentro del atópase Mercamadrid, un dos mercados de alimentos máis grandes do mundo, cunha destacable elevada actividade pola noite. Tamén se atopan monumentos como a igrexa San Pedro Ad Vincula.
O barrio está limitado ao oeste con Villaverde, ao sur con Rivas-Vaciamadrid, ao leste coa A-3 e ao norte coa M-40.
Administrativamente limita cos barrios do Ensanche de Vallecas e Santa Eugenia, e cos distritos de Puente de Vallecas, Usera, Villaverde e Vicálvaro, así como co concello de Rivas-Vaciamadrid.
Categoría:Barrios de Madrid