María del Pilar González Pérez, nada na Pobra do Caramiñal o 2 de marzo de 1917 e finada en Vigo o 19 de setembro de 2006, foi unha escritora galega.

Traxectoria Colaborou no xornal santiagués El Compostelano, para logo facelo no Faro de Vigo, onde apareceron varios dos seus poemas. En 1950 colaborou na revista de poesía Alba, onde publicou o soneto Irmandade, o único texto en galego que se lle coñece.

En 1952 publicou o libro Papeles, con tres ilustracións de Prego de Oliver, que abarca textos en prosa e mais poesía.

Nos inicios da súa carreira literaria, que coincidiu co transcurso da guerra civil española, asinaba como Maruxa de Carlos. Tras contraer matrimonio asinou como María Pilar G. de Fresco.

Vida persoal Casou con Antonio Fresco e foi tía de Franco Cobas, fillo de súa irmá Pepita González Pérez, que casou con Franco Cobas Lamas.

Obra

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes