A doenza de cálculos renais, tamén coñecida como pedras nos riles, nefrolitiase ou urolitiase, prodúcese cando se forma unha peza sólida de material (chamada "cálculo", do latín calculus, pedra)A etimoloxía do "cálculo" alxebraico remite á mesma orixe latina, polas pedriñas dos ábacos. Outras palabras como cal ou calcio, teñen un posíbel vínculo etimolóxico, ao derivar das raíces proto-indoeuropeas *kel- e *kalk-, asociadas con 'material duro'. Estas raíces tamén están conceptualmente relacionadas con termos para pedras ou cascallo, como a palabra grega 'khalix'. no ril ou na vexiga. A partir de aí, a maioría viaxa polas vías urinarias. As pedras nos riles normalmente fórmanse no ril e abandonan o corpo durante a micción. Unha pequena pedra pode pasar sen causar síntomas (90% ou máis) dentro de 3 meses. Se unha pedra crece máis de 5mm (0'2 in) pode causar o bloqueo do uréter que provoca dor intensa na parte baixa das costas ou no abdome. Un cálculo renal de 1 cm ou máis non pode pasar por si só e require cirurxía.

A doenza de cálculos renais, tamén coñecida como pedras nos riles, nefrolitiase ou urolitiase, prodúcese cando se forma unha peza sólida de material (chamada "cálculo", do latín calculus, pedra)A etimoloxía do "cálculo" alxebraico remite á mesma orixe latina, polas pedriñas dos ábacos. Outras palabras como cal ou calcio, teñen un posíbel vínculo etimolóxico, ao derivar das raíces proto-indoeuropeas *kel- e *kalk-, asociadas con 'material duro'. Estas raíces tamén están conceptualmente relacionadas con termos para pedras ou cascallo, como a palabra grega 'khalix'. no ril ou na vexiga. A partir de aí, a maioría viaxa polas vías urinarias.

Formación esquerda|miniatura|191x191px|Cálculo renal ou nefrolito de máis de medio cm de diámetro. As pedras nos riles normalmente fórmanse no ril e abandonan o corpo durante a micción. Unha pequena pedra pode pasar sen causar síntomas (90% ou máis) dentro de 3 meses.

Se unha pedra crece máis de 5mm (0'2 in) pode causar o bloqueo do uréter que provoca dor intensa na parte baixa das costas ou no abdome.

Un cálculo renal de 1 cm ou máis non pode pasar por si só e require cirurxía.

Cólicos O nome médico para a dor de pedras nos riles é cólico renal. Unha pedra tamén pode provocar sangue na urina, vómitos ou micción dolorosa (disuria). Ao redor do 50% das persoas que teñen pedras nos riles terán outro dentro de 5 anos, especialmente se teñen menos de 25 anos.

Historia A historia dos cálculos renais remóntase a miles de anos. A primeira cirurxía documentada para tratar pedras data do século VIII a. C., cando o cirurxián indio Súshruta describeu procedementos detallados para a extracción de cálculos urinarios.

Durante a Idade Media europea, os cirurxiáns especializados, chamados litotomistas ('lithotomists'), viaxaban de cidade en cidade para realizar cirurxías para retirar pedras, a miúdo con grandes riscos e sen anestesia.

A cirurxía moderna para tratar os cálculos renais desenvolveuse moito no último medio século, con técnicas como a litotricia por ondas de choque e a ureteroscopia, que ofrecen tratamentos menos invasivos e con menor tempo de recuperación.

Sábese que as pedras nos riles e na vexiga poden chegar a ser mortais, e especúlase que Leopold Mozart (o pai de W. A. Mozart) e Oliver Cromwell faleceron por complicacións cos cálculos renais. Hai relatos sobre outros personaxes históricos diversos que padeceron pedras nos riles, como Benjamin Franklin, Isaac Newton, Napoleón III ou o tsar Pedro o Grande.

Prevención A prevención dos cálculos céntrase en cambios no estilo de vida e na dieta para minimizar os riscos. Recoméndase aumentar a inxesta de líquidos, especialmente auga, para producir polo menos 2 l de urina ao día, o que axuda a diluír as substancias que poden formar pedras. Limitar a inxesta de sal e proteínas animais tamén reduce a probabilidade de formación de cálculos de oxalato de calcio (os máis comúns). Evitar alimentos ricos en oxalato, como espinacas, remolacha, froitos secos etc., tamén pode ser beneficioso. Finalmente, o consumo moderado de calcio a través da dieta (non mediante suplementos) pode axudar a reducir a formación de pedras, xa que o calcio dietético axuda a ligar o oxalato no intestino, impedindo a súa absorción e acumulación no ril.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Uroloxía Nefroloxía

Categoría:Doenzas renais Categoría:Uroloxía