Beans é un filme canadense de 2020 dirixido pola cineasta mohawk Tracey Deer. O filme explora a crise de Oka de 1990 en Kanesatake, que Deer viviu cando era nena, a través dos ollos de Tekehentahkhwa (alcumada "Beans"), unha moza mohawk cuxa perspectiva da vida cambia radicalmente por mor destes acontecementos.Norman Wilner, "VIFF review: Tracey Deer’s 'Beans' finds its hero coming of age during the Oka crisis". The Georgia Straight, 16 de setembro de 2020.

O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2020,Victoria Ahearn, "TIFF announces all 50 titles for pandemic-tailored 2020 event". Toronto Star, 30 de xullo de 2020. onde quedou no segundo posto ao premio People's Choice. Tamén se presentou no Festival Internacional de Cinema Infantil de Nova York de 2021, entre outros.

O filme gañou o premio ao mellor filme nos Canadian Screen Award de 2021,Naman Ramachandran, "‘Schitt’s Creek,’ ‘Blood Quantum’ Triumph at Canadian Screen Awards". Variety, 21 de maio de 2021. xunto co premio John Dunning á mellor longametraxe. Foi nomeado ao Prix Iris ao mellor guión na 24ª edición dos Premios de Cinema do Quebec en 2022.Charles-Henri Ramond, "Finalistes aux Prix Iris 2022". Films du Québec, 14 de abril de 2022.

Sinopse Tekehentahkhwa, á que alcuman "Beans", é unha preadolescente brillante que vive en Kahnawake, unha reserva mohawk. A súa nai, Lily, anímaa a que se inscriba nunha escola de prestixio, predominantemente branca en Montreal, algo ao que o seu pai se opón.

Despois de ver a súa curmá Karahwen'hawi na televisión protestando pola pola expansión dun campo de golf no territorio de Kahnesatake río arriba, toda a familia conduce á zona para apoiar os manifestantes. A terra mohawk está rodeada pola cidade de Oka, Quebec, que buscaba ampliar o seu campo de golf nun histórico cemiterio mohawk. Beans e a súa irmá máis nova vense rapidamente atrapadas nunha redada policial, o que reforza a determinación dos seus pais de quedar e axudar durante a protesta. As tensións medran rápido. Constrúense barricadas e íllase o territorio de Kahnesatake. A comida comeza a escasear e as mulleres e nenos teñen a posibilidade de evacuar. No exterior, os manifestantes lanzan pedras contra os coches que evacuan.

Personaxes Kiawentiio como Beans/Tekehentahkhwa Rainbow Dickerson como Lily Violah Beauvais como Ruby Paulina Alexis como April Joel Montgrand como Kania'tariio Jay Cardinal Villeneuve como Gary D'Pharaoh Woon-A-Tai como Hank Taio Gélinas como Coyote

Produción A historia semiautobiográfica baséase en feitos históricos que Deer viviu cando era nena. Aínda que inclúe eventos duros, dixo que quería evitar que o filme fose traumático para os espectadores. Recoméndase a espectadores maiores de 14 anos. A rodaxe tivo lugar en Kahnawake e Montreal en 2019.

Deer comezou a escribir o guión en 2012, en colaboración con Meredith Vuchnich. Foi un proceso longo de sete anos, en parte porque revisitar a crise de Oka suscitoulle lembranzas difíciles. Ela buscou terapia para poder tratar con elas. O guión foi o gañador do Premio TIFF-CBC Films en 2019.Lauren Malyk, "Tracey Deer, Meredith Vuchnich win TIFF-CBC screenwriter award". Playback, 25 de xaneiro de 2019.

Estrea Beans estreouse internacinoalmente no Festival Internacional de Cinema de Toronto en setembro de 2020.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Crise de Oka

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes das Primeiras Nacións Categoría:Filmes dirixidos por Tracey Deer Categoría:Cultura mohawk Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados no Quebec