O ácido piroleñoso ou pirolígneoO termo "pirolígneo" non aparece no DRAG nin no bUSCatermos, pero é común en portugués e castelán (ácido pirolígneo) e inglés (pyroligneous acid). tamén chamado vinagre de madeira,Confróntese con "vinagre de Madeira", que é o vinagre obtido a partir de vinho de Madeira. é un líquido producido durante a destilación en seco da madeira. Tamén é coñecido como "licor piroleñoso" e "extracto piroleñoso", un produto milenario na cultura xaponesa, obtido a través da condensación do fume procedente da carbonización da madeira, durante a produción de carbón vexetal.O extracto piroleñoso común no Xapón foi introducido para a para agricultura ecolóxica no Brasil por Shiro Miyasaka, cofundador no estado de São Paulo da Asociación de Produtores de Agricultura Natural.
Composición química Os seus compoñentes principais son o ácido acético, a acetona e o metanol. Utilizouse como fonte comercial de ácido acético. miniatura|431x431px|Cheminea para a produción de ácido piroleñoso en Kintyre, Escocia.
Obtención Para a obtención do extracto pirolenhoso pode utilizarse desde o eucalipto (Eucalyptus sp), o bambú (Bambusa vulgaris var. vittata, B. vulgaris, B. tuldoides, Dendrocalamus giganteus e Guadua angustifolia) ou madeiras nativas, sendo preferíbeis especies procedentes de reforestamento, a captación da fume reduce os problemas de contaminación ambiental causados polas carboarías.
Pódese obter un sal neutralizando o ácido cunha lexivia obtida das cinzas da madeira queimada.
Historia e usos O ácido pirolígneo (acetum lignorum) foi investigado polo químico alemán Johann Rudolph Glauber. Este ácido consumíase como substituto do vinagre. Tamén se aplicou topicamente para curar feridas, úlceras e outras doenzas.
En 1895, o ácido piroleñoso foi comercializado por primeira vez baixo a marca "Wright's Liquid Smoke", un produto de fume líquido saborizante e algúns dos efectos conservantes do afumado de madeira a carnes e verduras. A principios do século XXI, as preocupacións sobre os efectos canceríxenos dos compoñentes do fume da madeira reduciron a produción de alimentos moi afumados en favor de fumes máis lixeiros e de fume líquido para os alimentos.
En agricultura ecolóxica é coñecido e utilizado como condicionador do solo, bioestimulante vexetal, indutor de enraizamento, repelente de insectos, tamén usado como potenciador de herbicidas diminuíndo o uso de produtos químicos, xa que ten acción dilatadora dos poros da planta e con iso a dosaxe do herbicida pode ser reducida á metade, contribuíndo coa diminución do uso de agroquímicos na agricultura convencional.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Saigusa, A Complete of wood vinegar for agriculture, (2000), 2ª Edición, Editora Soo Ron Sha. Outros artigos Ácido Ácido acético Vinagre Ligazóns externas Pyroligneous Acid Definition Page (USGS) (arquivado) AcidWorks
Categoría:Ácidos orgánicos