808 State é unha banda inglesa de música electrónica formada en 1987 en ManchesterStrong, Martin C. (2000). The Great Rock Discography (5th ed.). Edinburgh: Mojo Books. pp. 311-312. ISBN 1-84195-017-3 por Graham Massey, Martin Price e Gerald Simpson. Tomando o seu nome da caixa de ritmos Roland TR-808 e do "estado de ánimo" (state of mind) que compartían os membros, lanzaron o seu álbum de estrea, Newbuild, en setembro de 1988 e conseguiron o éxito comercial en 1989, cando a súa canción "Pacific State" foi elixida polo DJ de BBC Radio 1 Gary Davies, e estivo nas listas durante 11 semanas no Reino Unido.
Os primeiros traballos do grupo influíron na florecente escena acid house do Reino Unido. AllMusic referíuse a eles como "un dos artistas de música dance máis importantes de todos os tempos" e sinalou a súa influencia nos posteriores artistas de techno, IDM e dance alternativo.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Newbuild 1988 Creed Quadrastate 1989 Creed 90 1989 ZTT Records ex:el 1991 ZTT Records Gorgeous 1993 ZTT Records Don Solaris 1996 ZTT Records Outpost Transmission 2002 Circus Records Transmission Suite 2019 autoeditado
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Manchester Categoría:Grupos musicais de música electrónica Categoría:Grupos musicais formados en 1987