miniatura|Ovo de ganga de barriga negra. A ganga de barriga negra, á que tamén se lle deu o nome de cortizol ventrimouro, (Pterocles orientalis) é unha ave de tamaño grande medio da familia dos pteróclidos.
A raza nomeada reprodúcese na Península Ibérica, noroeste de África, as illas Canarias, Turquía, Irán, Chipre e Israel. A forma do leste P. o. arenarius (Pallas, 1775) atópase en Kazakhstán, oeste da China e norte do Paquistán. É unha ave parcialmente migratoria, porque as aves de Asia central desprázanse a Paquistán e norte da India en inverno.
Taxonomía A especie foi descrita formalmente polo naturalista sueco Carl Linné en 1758 na décima edición da súa obra Systema Naturae. Situouna xunto coas demais gangas no xénero Tetrao co nome binomial Tetrao orientalis. A ganga de barriga negra está situada agora, xunto con outras 13 especies, no xénero Pterocles, que foi introducido en 1815 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck. O nome do xénero combina as palabras do grego antigo pteron, que significa 'á', e -klēs, que significa 'notable, espléndido'.
Recoñécense dúas subspeciess: P. o. orientalis (Linnaeus, 1758) – Illas Canarias, Península Ibérica, Marrocos e oeste de Irán P. o. arenarius (Pallas, 1775) – De Kazakhstán ao sur de Irán e Afganistán, e polo leste ata o noroeste da China.
Descrición Miden de 33 a 39 cm de longo e pesan de 300 a 615 g, e é probablemente a especie máis grande da familia dos pteróclidos.CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), . O macho ten unha cabeza, pescozo e peito cincentos. As partes inferiores do corpo son negras e as partes superiores son marróns douradas con marcas máis escuras. Teñen un bordo negro delgado arredor da parte inferior do peito e unha mancha castaña na gorxa. Esta ganga ten unha pequena cabeza e pescozo similares aos dunha pomba, pero o corpo é robusto e compacto. As súas ás son bicudas e o seu voo é rápido e directo. A parte inferior das ás é branca e a barriga negra, o que fai que esta especie sexa doada de identificar en voo. As bandadas voan ás pozas de auga ao amencer.
A femia ten as partes superiores do corpo máis marróns e máis finamente marcadas, incluíndo a cabeza e o peito. As partes inferiores e a banda do peito son idénticas ás do macho. A raza do leste é máis clara e máis pesada que a orientalis (que malia o seu nome é a raza do oeste). Os machos teñen partes superiores máis amarelas e partes inferiores máis cincentas que a forma do oeste. As femias son máis brancas pola parte de abaixo, pero a miúdo son indistinguibles. A súa chamada é un suave chowrrr rrrr-rrrr.
Distribución e hábitat Esta especie gregaria reprodúcese en chairas secas abertas e hábitats similares, pero, a diferenza da ganga de barriga branca, evita as áreas que carecen completamente de vexetación. O seu niño é unha escavación no chan na cal pon tres ovos verdosos con marcas crípticas. Ambos os proxenitores chocan os ovos, pero só o macho trae auga ás crías.
Rexistro fósil Coñécense de fósiles da ganga de barriga negra do Deserto do Nefud en Arabia Saudita que datan do Plistoceno medio, hai uns 500.000 anos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Pheasants, Partridges and Grouse de Madge e McGowan,
Categoría:Pterocliformes Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné