Zootopia 2 (tamén coñecido como Zootropolis 2 nalgunhas rexións) é un filme estadounidense de animación por ordenador producido por Walt Disney Animation Studios e estreado por Walt Disney Pictures no 2025. É a secuela do filme de 2016 Zootopia. Foi dirixido por Jared Bush e Byron Howard e o guión é obra de Bush. Está protagonizado por Ginnifer Goodwin, Jason Bateman, Shakira, Idris Elba, Alan Tudyk, Nate Torrence, Don Lake, Bonnie Hunt e Jenny Slate que retoman os seus papeis do filme anterior, xunto con Ke Huy Quan, Fortune Feimster, Andy Samberg, David Strathairn, Patrick Warburton, Quinta Brunson e Danny Trejo. A película segue a Judy Hopps e Nick Wilde mentres perseguen unha víbora chamada Gary De'Snake por Zootopia e tentan limpar os seus nomes despois de ser incriminados.
Zootopia 2 estreouse no El Capitan Theatre de Hollywood, Os Ánxeles o 13 de novembro de 2025 e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 26 de novembro. Do mesmo xeito ca o seu predecesor, o filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Foi un éxito masivo de recadación, sumando 1.868 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no segundo filme de animación máis exitoso de todos os tempos, no noveno filme máis exitoso de todos os tempos e no segundo filme máis exitoso de 2025. Gañou o BAFTA á mellor longametraxe de animación, estivo nomeado nos Globos de Ouro e na 98ª edición dos Óscar, entre outros numerosos recoñecementos.
Personaxes
Ginnifer Goodwin como Judy Hopps Jason Bateman como Nick Wilde Ke Huy Quan como Gary De'Snake Fortune Feimster como Nibbles Mapplestick Patrick Warburton como o alcalde Brian Winddancer David Strathairn como Milton Lynxley Andy Samberg como Pawbert Lynxley Brenda Song como Kitty Lynxley Macaulay Culkin como Kattrick Lynxley Danny Trejo como Jesús Quinta Brunson como Dra. Fuzzby Jean Reno como Bushron Nate Torrence como Benjamin Clawhauser Maurice LaMarche como Mr. Big Leah Latham como Fru Fru Raymond S. Persi como Flash Bonnie Hunt como Bonnie Hopps Don Lake como Stu Hopps Jenny Slate como Dawn Bellwether Alan Tudyk como Duke Weaselton Shakira como Gazelle Tommy Chong como Yax Mark Rhino Smith como Axente McHorn Josh Dallas como porco frenético
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Byron Howard Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre raposos Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Óscar ó mellor filme de animación