José Romero González, coñecido como Pepe Merrello, nado en Lavadores en 1899 e finado en Vigo o 2 de febreiro de 1937, foi un metalúrxico e político galego.
Traxectoria Metalúrxico domiciliado no barrio de Naia, de Lavadores. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 12 de setembro.El Pueblo Gallego, 13-9-1936, p. 3. Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 11 de novembro xunto con Guillermo Santos Caride, o seu irmán Jaime Santos Caride e Álvaro Ballesteros Estévez.El Pueblo Gallego, 8-11-1936, p. 3. Foi procesado en rebeldía en dúas causas militares. Agochado na casa da súa moza en Castrelos, foi delatado. Chegaron na súa procura gardas civís e falanxistas e ao tentar fuxir caeu nunha gabia e dispararonlle alí. O seu corpo foi conducido ao cemiterio de Pereiró, onde se rexistrou a súa morte a causa de hemorraxia intratorácica.
Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1937