Mikayil Mushfig (en ), pseudónimo de Mikayil Ismayilzade, nado en Bakú o 5 de xuño de 1908 e finado na mesma cidade o 12 de marzo de 1938, foi un poeta azerí do século XX. Está considerado un dos fundadores do novo estilo poético azerí.

A meirande parte da súa poesía versa sobre o amor, a natureza e os sentimentos. Malia isto, foi criticado e vilipendiado pola Unión de Escritores Soviéticos de Aderbaidján, polo que terminou sendo arrestado e executado durante as purgas stalinistas da Unión Soviética. En 1956, foi exonerado de maneira póstuma.

Traxectoria

Primeiros anos Mikayil Mushfig naceu na cidade de Bakú en 1908. O seu pai, Mirza Abdulgadir Ismayilzade, era profesor e poeta. Mushfig quedou orfo durante a súa infancia, polo que foi criado por parentes. Recibiu a educación básica en lingua rusa. Tras o establecemento do réxime soviético en Azerbaidján en 1920, estudou na Escola de Profesorado de Bakú e, en 1931, graduouse do Departamento de Lingua e Literatura da Universidade Estatal de Bakú. Mushfig casou con Dilber Akhundzade en 1933.

Carreira literaria Posteriormente, comezou a traballar como mestre de escola. Ao mesmo tempo, escribía os seus primeiros poemas. A súa primeira publicación foi "Bir gün" ("O día", 1926), no xornal Ganj fahla. Foi nesta época que adoptou o seu pseudónimo Mushfig (do persa e árabe para "compasivo"). Xunto con Samad Vurgun e Rasul Rza, Mushfig fundou o novo estilo poético da Azerbaidján soviética. Así mesmo, traduciu poemas do armenio e do ruso. Por outra banda, foi tamén promotor dos instrumentos tradicionais do seu país, que estaban prohibidos naquel momento.

Na súa poesía, Mushfig gabou o traballo dos traballadores industriais e dos campesiños, incluíndo a construción de empresas industriais en Bakú e outras cidades. Segundo a súa esposa, Mushfig prezou a transición do sistema de escrita arábigo ao latino, realizado en 1927. A súa posición pode contemplarse na seguinte estrofa:

Arresto e execución Cara a finais da década de 1930, era habitual entre poetas e escritores acusarse mutuamente de nacionalismo ou da difusión de propaganda relixiosa. Entre as razóns deste comportamento estaban problemas persoais e rivalidades entre os autores. O propio Mushfig foi acusado pola Asociación de Escritores Soviéticos, xunto con outras figuras como Huseyn Javid, Ahmed Javad ou Yusif Vazir Chamanzaminli. Así, foi tachado de "chauvinista" e "pequenoburgués". En 1937, foi arrestado e acusado de traizón ao estado, polo que o executaron en 1939.

Malia ter escrito poemas favorables sobre Iosif Stalin, durante as políticas de desarticulación do stalinismo foi representado como un poeta antistalinista. miniatura|Selo de Mikayil Mushfig co gallo do seu 100.º aniversario

Publicacións Küləklər ("Os ventos", 1930) Günün səsləri ("As voces do día", 1932) Duyğu yarpaqları ("As follas do sentir", 1966) Yenə o bağ olaydı ("Oxalá volvese a ser xardín", 1976) Ədəbiyyat nəğməsi ("A canción da literatura", 1978)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en 1908 Categoría:Poetas de Azerbaidján Categoría:Escritores en lingua azerí Categoría:Nados en Bakú