Appendix foi unha banda sueca, da cidade de Malmö, do xénero do jazz-rock. A banda mesturaba psicodelia e jazz fusión co funk e temáticas científicas e espirituais. O conxunto estivo composto por 7 músicos durante os anos 70, a banda publicou o álbum de culto Space Trip (Amigo AMLP813) en 1973.

Características A crítica sitúa o jazz de Appendix na liña de influencia do Miles Davis de finais dos 60/principios dos 70 e da banda británica If, denotando a súa tendencia ao jazz rock. A banda empregaba fortes reverberacións na voz, melancólica coma en "Autumn Song", comparada pola crítica a Moody Blues, King Crimson ou ao free jazz.

O saxofonista e frautista Helge Albin converteuse máis tarde en líder de Tolvan Big Band, recoñecido polo seu traballo con Tommy Körberg (Solar Plexus, Made in Sweden et al) e Dave Liebman entre outros. Tamén en Tolvan Big Band estivo o batería Roy Wall. O baixista Ted Persson e Hans Blom adicáronse a traballos de sesión nos anos 70..

Membros

Lars-Håkan Olsson, voz Hans Blom , teclado Helge Albin, saxofón, frauta Roy Wall, trompeta, fliscorno, anteriormente na banda de Helsingborg Flavored Soul Kalle Lindberg, trombón Ted. Persson, baixo Flemming Jörgensen, batería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas A canción Space Trip dos Appendix , en youtube, ano 1973

Categoría:Grupos musicais de Suecia Categoría:Grupos musicais de jazz