Brent Townsend, nado en Toronto en 1962, é un pintor canadense especializado na natureza e a vida salvaxe.
Traxectoria
Townsend naceu en 1962 nos suburbios de Toronto, nunha casa situada no campo e en contacto coa natureza, o que marcou o seu foco de interese posterior como artista."Brent Townsend". Artandnature.com"Brent Townsend - Biography". Brenttownsend.ca
Estudou Arte Comercial no Wexford Collegiate Institute (logo chamado Wexford Collegiate School for the Arts), aínda que como artista da natureza a súa formación foi autodidacta, baixo a inspiración doutros artistas como Carl Rungius e Andrew Wyeth. Participou na poxa de arte Spirit of the Wild, do Fondo Mundial para a Natureza, e na Exposición de Arte de Especies en Perigo no Centro de Conservación de Kortright, Ontario. Foi nomeado "artista destacado" na Mostra Internacional de Arte da Vida Salvaxe de Voancouver, e nos Estados Unidos foi recoñecido como Artista do Ano pola Sociedade de Coleccionistas na Exposición de Arte do Oeste e Vida Silvestre de Minneapolis de 1989. Tamén participou, xunto con outros catro artistas do seu país, nunha exposición de arte canadense no Museo Suntory de Osaca, Xapón.
Brent Townsemd acadou a popularidade despois de que en 1996 o seu deseño dun oso polar camiñando sobre unha placa de xeo se convertese no motivo caracterítico do reverso da popular moeda canadense de dous dólares, emitida pola Real Casa da Moeda do Canadá. A moeda leva impresas a súas inciais "BT", que o identifican como autor do deseño."2 Dollars - Elizabeth II Polar bear". Numista.com En Campbellford, Ontario, eríxese un monumento cunha réplica desta moeda."2 Dollar Coin & Toonie Monument". Currencyproject.co
Vida persoal Brent Townsend casou con Kelly Townsend, con quen tivo dous fillos e unha filla: Christopher, Nicole e Alexander.
Notas
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Toronto Categoría:Deseñadores de moeda do Canadá Categoría:Pintores do Canadá Categoría:Personalidades sen imaxes