O 21 de maio de 2006 celebrouse un referendo de independencia en Montenegro.Dieter Nohlen & Philip Stöver (2010) Elections in Europe: A data handbook, p1372 Foi aprobado polo 55,5% dos votantes, superando por unha estreita marxe o limiar mínimo do 55% preciso para a aprobación. Contra o 23 de maio, os resultados preliminares do referendo foron recoñecidos polos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, o que suxiriu un recoñecemento internacional xeneralizado se Montenegro chegase a ser formalmente independente. O 31 de maio a comisión do referendo confirmou oficialmente os resultados do referendo, verificando que o 55,5% dos votos válidos eran a prol da independencia. Dado que os votantes cumpriron o controvertido limiar esixido do 55% de aprobación, o referendo incorporouse a unha declaración de independencia durante unha sesión parlamentaria extraordinaria o 31 de maio. O Asemblea da República de Montenegro fixo unha Declaración formal de Independencia o sábado 3 de xuño.
En resposta ao anuncio, o goberno de Serbia declarouse a sucesor legal e político de Serbia e Montenegro, e que o propio goberno e parlamento de Serbia axiña adoptarían unha nova constitución. Os Estados Unidos, a China, Rusia e as institucións da Unión Europea expresaron todas as súas intencións de respectar os resultados do referendo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Referendo de independencia
Categoría:Referendos de independencia Categoría:Historia de Montenegro