Andrew Michael Rourke, nado o 17 de xaneiro de 1964 e finado o 19 de maio de 2023, foi un músico inglñes coñecido por ter sido o baixista da banda de indie rock dos 80 The Smiths. Considerado como un dos mellores baixistas da súa xeración, era coñecido polo seu enfoque melódico e inspirado no funk para tocar o baixo.
Rourke unñiuse a The Smiths tras o seu primeiro concerto, xa que coñecía ao guitarrista Johnny Marr dende a secundaria, e tocou en toda a súa discografía. Tras a disolución do grupo en 1987, tocou nalgúns dos primeiros lanzamentos en solitario do vocalista Morrissey. Rourke gravou con Sinéad O'Connor e The Pretenders a principios dos anos 90, e foi membro do supergrupo Freebass e da banda D.A.R.K., e despois tocou no grupo Blitz Vega con Kav Sandhu. Entre 2006 e 2009 organizou os concertos benéficos Versus Cancer.
Notas
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Manchester Categoría:Baixistas de Inglaterra