Howard Kenneth Weinman, nado en Nova York o 23 de xaneiro de 1901 e finado en Colchester, Vermont, o 1 de marzo de 1976, foi un artista estadounidense.

Traxectoria

Weinman, nado en Nova York en 1901, era fillo de Margaret Lucile Landman (1874-1958) e de Adolph Alexander Weinman (1870-1952),Smith, P. (2012). escultor e recoñecido deseñador de moedas estadounidenses.Forrer, L. (1916). "Weinman, Adolph Alexander". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 427-428. O irmán máis novo de Howard, Robert Alexander Weinman (1915-2003), foi tamén un destacado medallista.Smith, P. (2012). "Weinman, Robert A(lexander)". En American Numismatic Biographies. Páxina 440."Robert Alexander Weinman". Findagrave.com

Foi escultor e medallista, e exerceu como profesor na Grand Central School of Art de Nova York. Tamén traballou na compañía Grumman Aircraft Engine Corporation, de Long Island, entre 1952 e 1972.

Do mesmo xeito que o seu pai, Howard K. Weinman foi tamén deseñador de moedas; a el débeselle a creación do medio dólar conmemorativo do Tricentenario de Long Island, emitido pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1936."½ Dollar Long Island". Numista.com

Howard K. Weinman finou o 1 de marzo de 1976, aos 75 anos, en Colchester, Vermont, e foi soterrado no cemiterio desa localidade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Weinman, Howard K(enneth)". En American Numismatic Biographies. Páxina 440.

Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Personalidades sen imaxes