Nerea Calvillo González, nada en Madrid o 7 de marzo de 1973, é unha arquitecta, deseñadora, investigadora e doutora en Deseño Arquitectónico Avanzado española. Investiga a intersección dos datos ambientais, o urbanismo e a computación. Ademais explora os encontros entre a ciencia a tecnoloxía, o xénero ou as políticas ecolóxicas urbanas.
Traxectoria Estudou arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) e no Instituto Universitario di Architettura di Venezia, cunha bolsa Erasmus. Pouco despois ampliou os estudos coa bolsa Fulbright, cun posgrao de Deseño Avanzado (MsArchAAD), na Columbia University de Nova York.
Doctorouse pola ETSAM no ano 2014 coa tese Sensing Aeropolis. Obtivo unha bolsa de posgrao coa que estudou no Reino Unido na Goldsmiths University of London e posteriormente concedéronlle a Poiesis Fellowship da Universidade de Nova York.
Calvillo fundou C+Arquitectos no ano 2004, un estudo de arquitectura colaborativo, despois de traballar en varias firmas de arquitectura internacionais como NO.MAD en Madrid (1999-2001) e Foreign Office Architects (F.O.A.) en Londres (2001-2003).
Facendo un amplo uso das novas tecnoloxías como ferramentas habituais de traballo, con C+arquitectos encargouse do deseño de numerosos espazos destinados á exposicións de arte contemporánea entre eles o LABoral Centro de Arte e Creación Industrial en Xixón, o Museo de Arte Contemporánea de Santiago de Chile, a Sala Principal de Tabacalera do Ministerio de Cultura en Madrid ou diversas sedes do Instituto Cervantes (España, Serbia, etc). Así mesmo, os seus proxectos de arquitectura valéronlle o recoñecemento de premios como o EUROPAN 5 (1999) ou o formar parte en 2007 da selección de prácticas emerxentes de FreshMadrid.
Entre os proxectos arquitectónicos de rehabilitación, atópase a Casa Periscopio localizada na Selva del Mar, Girona, (2011). Esta construción é un exemplo sostíbel con sistemas de enerxías renovables e ventilación e luz naturales.miniatura|Casa Periscopio (Selva del Mar, Girona, 2011) Calvillo é unha experta na investigación da representación visual do aire na atmosfera. Constrúe diagramas gráficos para a visualización de axentes microscópicos invisibles no aire e incidir na mellora da súa calidade. Co proxecto interactivo In the Air, creou unha ferramenta para visualizar a contaminación do aire da atmosfera das urbes mediante diagramas gráficos que mostran os microscópicos axentes contaminantes do aire, coa idea de que "ver a contaminación é o primeiro paso para cambiar os hábitos que a xeran".
No ano 2012 presentou o proxecto académico internacional TEDxMadrid co relatorio El aire de Madrid. Desde 2013 é investigadora no proxecto de financiado por ESRC Citizen Sense no departamento de socioloxía da Goldsmiths University of London.
Foi directora da liña de traballo dedicada a pantallas urbanas Media(nera)Lab en Medialab-Prado en Madrid e co-comisaria do Media Facades Festival Europe en 2010 e do proxecto Connecting Cities Network, 2007-2013. Connecting Cities é unha rede de institucións europeas que propón o uso de fachadas dixitais e grandes pantallas para a circulación e intercambio de contidos culturais e artísticos da Union Europea.
C+Arquitectos foi selecionada para FRESHLATINO 2, dentro dunha escolla de oficinas de arquitectura iberamericanas comisariada por Ariadna Cantís e Andrés Jaque, presentando a exposición das obras no Instituto Cervantes de Madrid, en 2013.
Paralelamente ás investigacións, Nerea Calvillo dedícase tamén á docencia. Exerceu o ensino na Universidade de Alacante de 2010 a 2014 e na Universidad Europea de Madrid.Desde 2015 forma parte do centro de investigación Centre for Interdisciplinary Methodologies University of Warwick Reino Unido e na escola de arquitectura Architectural Association AA London. Ademais foi profesora convidada na Graduate School of Design de Harvard University e na GSAPP de Columbia University en Nova York durante varios anos.Así mesmo, foi convidada a participar na I p IAA da Universidade de Warwick e o Economic and Social Research Council (Reino Unido).
Exposicións A obra de Calvillo é moi extensa e foi exposta internacionalmente, incluíndo a Bienal de Arquitectura de Venecia e a Real Academia das Artes. Algúns exemplos:
2014, Polivagina, evento Fan Riots no festival de música SOS de Murcia 2019, Dust, en Matadero Madrid na segunda edición de Tentacular, Festival de Tecnologías Críticas y Aventuras Digitales. 2019, Madrid in the air, en Eco-Visionaries na Royal Academy de Londres. 2021, expuxo a súa obra na Bienal de Shanghái comisariada por Andrés Jaque co título Cuerpos de agua.
As súas contribucións ao deseño urbano sustentable e as súas metodoloxías interdisciplinarias valéronlle o recoñecementeo internacional e o nomeamento como unha das 17 Influyentes por T Magazine España.
A Universidade de Columbia de Nova York publicou en 2023 o seu libro Aerópolis Queering Air in Toxicpolluted Worlds onde continua a súa exploración examinando as interseccións da contaminación do aire, a teoría queer e o urbanismo.
Premios e recoñecementos
1999 1er. Premio EUROPAN 5, como colaboradora de Eduardo Arroyo Muñoz, xunto a Sergio López Piñeiro, na realizacion do Campo de fútbol de Lasesarre (Barakaldo). 2017 Segundo o T Magazine Spain do New York Times, Nerea Calvillo é unha dos #Influentes 17, os nomes que marcaron o deseño de interiores, a arquitectura e o estilo de vida de 2017. 2024 Premio DigitalFUTURES Spanish Award.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Arquitectos de España Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York Categoría:Alumnos da Universidade Columbia