Robert Alexander Weinman, nado en Nova York o 19 de marzo de 1915 e finado en Winston-Salem, Carolina do Norte, o 7 de setembro de 2003, foi un escultor e gravador de medallas estadounidense.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Robert Weinman, nado en Nova York en 1915, era o fillo máis novo de Margaret Lucile Landman (1874-1958) e de Adolph Alexander Weinman (1870-1952),"Robert Alexander Weinman". Findagrave.comSmith, P. (2012). escultor e recoñecido deseñador de moedas estadounidenses."Robert A. Weinman papers, 1968-1992 ". American Numismatic Society (Numismatics.org).Forrer, L. (1916). "Weinman, Adolph Alexander". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 427-428."Robert Alexander Weinman Obituary". En Winston-Salem Journal. 10 de setembro de 2003 O irmán máis vello de Robert, Howard Kenneth Weinman (1901-1976), foi tamén un destacado medallista e deseñador de moedas.Smith, P. (2012). "Weinman, Howard K(enneth)". En American Numismatic Biographies. Páxina 440

Na súa adolescencia traballou como aprendiz no estudio artístico do seu pai, ata que ingresou como alumno na Academia Nacional de Deseño de Nova York, entre outros con con Carl Paul Jennewein, Edward McCartan, Gaetano Cecere, Chester A. Beach, Lee Lawrie e Paul Manship. Tamén estudou na Art Students League, co escultor Arthur Lee. Posteriormente foi aprendiz de artistas como James Earle Fraser, Carl Jennewein e Joseph Kiselewski.Pier, G. (2003). "Robert Alexander Weinman, FNSS (1915-2003)". En Sculpture Review. Vol. 52. Nº 3.Salmon, R. R.; Proske, B. G. (1993). Brookgreen Gardens Sculpture. Brookgreen Gardens. Páxina 268. ISBN ISBN 0-9638206-1-3

Traxectoria artística Durante a segunda guerra mundial alistouse nas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos, onde serviu como fotógrafo e instrutor de fotografía, en varias bases aéreas estadounidenses en Europa. Nesa época creou unha estatua dedicada aos aviadores do exército titulada Morning Mission, que foi fundida en bronce e posteriormente foi instalada no Aeroporto Municipal de Tulsa.Proske, B. G. (1968). Brookgreen Gardens Sculpture. Brookgreen Gardens. Páxina 504.

Concluída a contenda, en 1945 casou Jane Morrison (1916-2009),"Jane Morrison Weinman". Findagrave.com e traballou como escultor no estudio do seu pai en Forest Hills, Queens, ata que en 1948 abriu o seu propio estudio en Nova York, que trasladou ao barrio de Bedford en 1972. Nesta cidade residiu e traballou durante cinco décadas.

Weinman foi un dos 250 escultores que expuxeron na terceira Internacional de Escultura, celebrada no Museo de Arte de Filadelfia no verán de 1949. En 1964, recibiu o premio Sanford Saltus da American Numismatic Society, consistente nunha medalla de prata que deseñara o seu propio pai, tamén receptor dese premio, en 1920."The Saltus Medal Award ". American Numismatic Society.

Robert Weinman foi elixido membro profesional da National Sculpture Society en 1953, e promovido a membro nato en 1959. Nesta sociedade exerceu os cargos de secretario (1962-1965), vicepresidente (1965-1968) e presidente (1973-1976), e foi elixido presidente de honra en 1996. Tamén foi académico da National Academy of Design e membro da súa xunta directiva.

Logo da súa xubilación, en 1998 retirouse xunto coa súa esposa e pasou a residir en Winston-Salem, Carolina do Norte, onde finou o 7 de setembro de 2003, aos 88 anos, por mor dunha insuficiencia cardíaca conxestiva.

Obra miniatura|270x270px|Retrato de James Madison na Biblioteca do Congreso dos EEUU."[Entrance Hall. Bronze medallion with profile of James Madison, by Robert Alexander Weinman...]". Library of the Congress (LOC.gov). miniatura|Reverso da mesma peza.|270x270px

Ao longo da súa traxectoria, Weinman creou arredor dun cento de medallas por encarga, entre as que destacan as conmemorativas dos centenarios do Exército de Salvación e da Orde de Elks. Outras das súas obras son a medalla co busto de James Madison para a serie do Bicentenario da Constitución da Sociedade Histórica do Capitolio dos Estados Unidos, así como un retrato de Madison con forma de medallón e dun metro de diámetro, que se instalou na Biblioteca do Congreso. Tamén merecen mención outras medallas, como a dedicada ao residente do Instituto Americano de Arquitectos, a entregada como Premio Emerson Thoreau da Academia Americana das Artes e das Ciencias, ou a medalla da Bolsaa Duke, da Universidade Duke.

Ademais da súa obra medallística, Weinman ten tamén unha abundante obra escultórica, entre a que se poden salientar os tres tímpanos para a igrexa de Nosa Señora Raíña dos Mártires de Forest Hills, Nova York, así como un gran baixorrelevo na fachada do Brown Memorial Building da Universidade de Tennessee en Knoxville, e unha aguia monumental tallada en granito para o edificio federal de Buffalo, Nova York.

Recoñecementos Ao longo da súa carreira artística, Robert Alexander Weinman foi merecedor de numerosos galardóns, entre eles os seguintes.

1952: Premio Bennett, National Sculpture Society (NSS)."Robert Weinman". United States Mint (Usmint.org). 1964: Premio Sanford Saltus, American Numismatic Society (ANS). 1975: Premio á Arte Numismática, American Numismatic Association (ANA)."Numismatic Art Award for Excellence in Medallic Sculpture". American Numismatic Association (Money.org). 1985: Premio Henry Hering Memorial de Arte e Arquitectura, NSS."Henry Hering Memorial Award". National Sculpture Society (Nationalsculpture.org). 1997: Medalla de Honra, NSS."The Medal of Honor". National Sculpture Society (Nationalsculpture.org).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Weinman, Robert A(lexander)". En American Numismatic Biographies. Páxina 440.

Ligazóns externas

Medallas deseñadas e gravadas por Robert Alexander Weinman

Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Medallas Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Militares da segunda guerra mundial Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Personalidades sen imaxes