miniatura|300x300px|Estados Unidos en vermello, é o único país do mundo (ademais dalgúns territorios soberanos non incorporados ou dependentes como Palau, Illas Marshall, Micronesia e a Samoa Americana) onde é oficial o Sistema Anglosaxón de Unidades e o único onde é oficial a tonelada curta. En verde, países que adoptaron o Sistema Internacional de Unidades (SI).

En amarelo, países en proceso de adherirse ao SI (Myanmar e Liberia). Noutros terrirorios como o Estado asociado de Porto Rico, e nos Estados do Canadá, Belize e Reino Unido existen as toneladas curtas e longas ademais da tonelada métrica, pero só é oficial o SI. A tonelada curta (tradución literal do inglés short ton) é unha unidade de masa que equivale a 2000 libras (uns 907,185 quilogramos).

Debido a que esta é a medida dominante nos Estados Unidos, nese país adóitase chamar simplemente ton, sen distinguilo da tonelada métrica (chamada tonne ou metric tonne nos EUA) ou da tonelada longa (long ton) británica, que equivale a 2240 libras (1016 kg). Porén, as palabras inglesas ton e tonne pronúncianse de xeito idéntico na lingua inglesa, o que implica que obviamente poden provocar confusión.

Non obstante, hai algúns ambientes estadounidenses específicos, como ocorre no caso dos buques da Armada (US Navy), nos que a palabra ton a secas fai referencia á tradicional medida británica. Respecto diso, a Oficina de Estatísticas de Transporte dos Estados Unidos (United States Bureau of Transportation Statistics) mencionou que

Un "bote" de viño pesaba aproximadamente 2240 libras e ocupaba case 60 pés cúbicos. Así mesmo, esta mesma fonte do Goberno federal estadounidense engade que:

Tanto a tonelada curta como a longa defínense como equivalentes a 20 quintais, pero un quintal é igual a 100 libras (uns 45,359 quilogramos) no sistema actual de medidas dos Estados Unidos (quintal curto ou neto) e 112 libras (50,802 kg) no Sistema Anglosaxón de Unidades (quintal longo, long hundredweight ou gross hundredweight).

Como no Reino Unido a tonelada curta (short ton) é unha unidade de masa pouco usada, a palabra ton a secas refírese case sempre a unha tonelada longa británica (cun peso de 1016 kg), mentres que as toneladas métricas distínguense pola súa ortografía tonne, alén de que a súa pronuncia é exactamente a mesma. Polo tanto, estas últimas acostuman ser denominadas formalmente como metric ton.

Pola súa banda, unha "tonelada curta de forza" equivale a 2000 lb f .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tonel Tonelada Sistema Internacional de Unidades Sistema métrico decimal

Categoría:Unidades de masa Categoría:Unidades de forza