Metrodoro (en grego Μητρόδωρος, en latín Metrodorus) foi un filósofo grego nado en Atenas ou Lámpsaco, pero máis probabelmente na primeira cidade, xa que se sabe que o seu irmán Timócrates era un ateniense do demo de Potamos, tribo de Leontis. Traxectoria Metrodoro foi o principal discípulo de Epicuro, un amigo do que nunca se separou, salvo unha visita de seis meses a Lámpsaco. Morreu no -277 aos 53 anos, sete anos antes que Epicuro, quen o designaría como o seu sucesor se lle sobrevivise. Deixou un fillo chamado Epicuro e unha filla. A súa muller (ou amante) chamábase Leoncia. Epicuro, no seu leito de morte, felicitou a Idomeneo, casado con Batis, irmá de Metrodoro, por ter coidado dos dous fillos do filósofo.
A súa filosofía era de tipo máis sensual que a de Epicuro, e predicaba o mantemento dun bo corpo ao longo da vida como camiño cara á felicidade, segundo conta Cicerón.
Dióxenes Laercio menciona as súas obras, que son:
, (sobre os médicos) en tres libros. (sobre os sentidos), dedicado a Timócrates. (sobre la xenerosidade). (sobre as enfermidades de Epicuro). (a favor dos dialécticos). (sobre os sofistas), en nove libros. (sobre o camiño á sabedoría). (sobre as transformacións). (sobre a riqueza). (sobre Demócrito). (sobre a nobreza de espírito). (sobre os poetas), onde atacaba a Homero. (a favor de Timarco). (sobre as relacións íntimas).
Ateneo de Naucratis menciona as súas cartas e cita fragmentos dunha dirixida a Timócrates. Plutarco tamén menciona , que podería ser a mesma obra que Περὶ τῆς ἐπὶ σοφίαν πορείας.
Notas
Categoría:Nados en Atenas Categoría:Finados en -277 Categoría:Nados en -331 Categoría:Filósofos da Grecia antiga