O clado dos dinosauros ornitisquios Stegosauria recibiu o nome do Stegosaurus, o seu principal representante, e agrupa animais que tiñan varias características en común, como:
corpos sustentados por catro patas; fileiras de enormes placas óseas dispostas a ambos os dous lados da columna vertebral; esporóns na cola.
As placas dorsais puideron ter varias funcións, pero non se sabe con certeza cal era a principal. Algunhas hipóteses din que se usaban para quentar o corpo como os paneis solares, outras cren que tiñan un propósito relacionado co apareamento e para impresionar os machos nas batallas polo poder.
Os estegosauros eran dinosauros ornitisquios. Unha das primeiras innovacións evolutivas foi o desenvolvemento de esporóns de cola como armas defensivas. As especies posteriores fixéronse maiores e desenvolveron extremidades longas que xa non lles permitían correr. Isto aumentou a importancia da defensa activa polos esporóns, que poderían afastar até grandes depredadores. Os estegosauros tiñan complexos conxuntos de esporóns e placas ao longo das súas costas, cadeiras e rabos. Os seus pescozos tornáronse máis longos e as súas pequenas cabezas estreitas, capaces de morder selectivamente as mellores partes das cícadas cos seus peteiros. Cando estes tipos de plantas diminuíron en diversidade, os estegosauros tamén se extinguiron durante a primeira metade do período Cretáceo. miniatura|Esqueleto de Stegosaurus no National Museum of Natural History, en Washington, D.C. Os estegosaurios coñecidos na Península Ibérica son Miragaia longicollum e Stegosaurus sp. e Dacentrus armatus en Aragón.
Taxonomía
Craterosaurus ? Giantspinosaurus Jiangjunosaurus Paranthodon Regnosaurus ?
Familia Huayangosauridae
Chungkingosaurus Huayangosaurus
Familia Stegosauridae
Chialingosaurio Jiangjunosaurus Kentrosaurus Loricatosaurus Tuojiangosaurus
Subfamilia Dacentrurinae
Dancentrurus Miragaia
Subfamilia Stegosaurinae
Hesperosaurus Alcovasaurus Lexovisaurus Stegosaurus Wuerhosaurus Yingshanosaurio
Velocidade A velocidade máxima dos estegosauros posibelmente estivo entre 6 e 8 km/h.
Notas
Véxase tamén
Bioloxía Paleoarte Paleontoloxía
Categoría:Dinosauros Categoría:Thyreophora