Vigo di Cadore, Vigo en lingua ladina,Aínda que Vigo di Cadore non é un lugar actualmente de fala ladina, si que o son localidades veciñas da contorna, de cinco vales dos Dolomitas. é un concello italiano de 1 335 habitantes na provincia de Belluno no Véneto.
Toponimia Como o Vigo galego e moitos outros semellantes, se non idénticos,Vigo di Fassa é outra localidade veciña de fala ladina. o topónimo deriva do latín vīcus "grupo de casas, aldea". Chamábase simplemente Vigo até o Regio Decreto do 23 de xaneiro de 1930, n. 74.
Historia Símbolos O brasón municipal está dividido en dúas partes: na superior, aparece un piñeiro silvestre entre dúas torres de pedra sobre un fondo verde. Na parte inferior, unha pluma e unha espada simbolizan os ilustres da ciencia e literatura naturais do lugar e unha batalla histórica contra os austríacos ocorrida na Terceira Guerra de Independencia en 1866.
Monumentos e lugares de interese A igrexa de Sant'Orsola conserva frescos do século XIV e alberga unha reliquia da santa desde 2008. A igrexa foi construída no mesmo século por Ainardo da Vigo. Outros lugares de interese son a igrexa da Madonna della Difesa, erixida en 1512, e a igrexa parroquial de San Martino Vescovo de 1559, que conta con obras de artistas de renome e un órgano histórico. Vigo conta con tradición educativa desde o século XIII, e a súa Biblioteca Histórica Cadorina alberga valiosos manuscritos. Na área de Laggio, destaca a igrexa de Santa Margherita, con frescos bizantinos. Ademais, Vigo acolle o Palio di San Martino, un evento anual con vestimenta medieval. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Dolomitas Provincia de Belluno Véneto
Categoría:Concellos da provincia de Belluno