Hubert Frère, nado en Liexa o 15 de xullo de 1920 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1999, foi un xurista e numismático belga, especializado na moeda do Principado de Liexa.

Entre outras entidades, foi presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica.

Traxectoria Frère, nado en Liexa en 1920, cursou a educación secundaria na súa cidade natal e logo ingresou na Universidade de Liexa, onde se doutorou en Dereito e se especializou en Notariado.Dengis, J-L. (2000).

Á marxe da súa dedicación á xudicatura, Frère é moi recoñecido como numismático, e destaca o seu interese polas emisións monetarias do Principado Episcopal de Liexa. Nesta cidade, foi un dos fundadores do Círculo Numismático, no que exerceu varios cargos, e tamén creou o Círculo de Estudo da Numismática.

En 1950 ingresou como membro correspondente na Sociedade Real de Numismática de Bélxica, e en 1958 pasou a ser membro de pleno dereito. Nesta sociedade ocupou os cargos de interventor (1970-1988), vicepresidente (1988-1995) e finalmente presidente (1996-1999).

Tamén se interesou polos estudos históricos e arqueolóxicos. O 25 de xaneiro de 1949 ingresou no Instituto Arqueolóxico de Liexa, onde tamén desempeñou diversos cargos, entre eles o de presidente.Engen, L. (1999). Páxina 5.

Como resultado dos seus amplos coñecementos e das súas investigacións na materia, Frère foi profesor de Numismática tanto na Universidade de Liexa como na Universidade Católica de Lovaina. Nos seus artigos e nas súas conferencias centrouse habitualmente nas emisións do principado episcopal de Liexa, sinaladamente na produción das cecas de Liexa, Huy e Maastricht.

Hubert Frère finou en Liexa o 20 de marzo de 1999, aos 78 anos.

Publicacións

Estas son algunhas das publicacións de Hubert Frère ao longo da súa traxectoria:"Frère, Hubert". Regesta-imperii.de

Monografías (1977). Le Denier carolingien, spécialement en Belgique. Séminaire de numismatique Marcel Hoc, Louvain-la-Neuve.Recensión do libro por D. Michel. En Revue du Nord. 1978. 239. Páxinas 902-903.Recensión do libro por D. Françoise. En Revue Numismatique.  1977. 19. Páxinas 213-214. (1982). Numismatique, initiation aux méthodes et aux classements. Séminaire de numismatique Marcel Hoc, Louvain-la-Neuve. ISBN ISBN 978-2-930449-03-6

Escolma de artigos (1961). "Monnaies de L'évêque de Liège Frappées À Maastricht". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 107. Páxinas 83-116. (1961). "Accroissement du médaillier liégeois du Musée Curtius". En Chronique archéologique du Pays de Liège. Institut archéologique liégeois. Páxinas 30-37. (1966). "Le droit de monnaie de l'évêque de Liège". En Revue numismatique. 8. Páxinas 70-88. (1977). "Les noms de lieux sur les monnaies carolingiennes de "Belgique". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 123. Páxinas 133-148. (1991). "Les trouvailles de monnaies antiques et médiévales à Liège". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 137. Páxinas 201-210. (1996). "Études de numismatique liégeoise. La monnaie de Notger". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 142. Páxinas 53-124. (1997). "Études de numismatique liégeoise. Les premières monnaies de l'Église de Liège". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 143. Páxinas 113-124.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Dengis, J-L. (2000). "In memoriam Hubert Frère (Liège 15 juillet 1920-Liège 20 mars 1999)". En Revue Belge de Numismatique et de Sigillographie. Société royale de numismatique de Belgique. 146. Páxinas V-VII. Engen, L. (1999). "In memoriam: Hubert Frère (1920-1999)". En Chroniques d'archéologie et d'histoire du Pays Liége. Institut archéologique liégeois. Tomo 1. Nº 4-8. Páxinas 5-6.

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Nados en Liexa Categoría:Alumnos da Universidade de Liexa Categoría:Profesores da Universidade de Liexa Categoría:Profesores da Universidade Católica de Lovaina Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Personalidades sen imaxes