Apolodoro (en grego Άπολλόδωρος, en latín Apollodorus) foi un gramático grego procedente de Cirene que é frecuentemente citado por outros gramáticos, como por un escolástico de Eurípides, pola Suídas, polo Etymologicum Magnum ou por Ateneo de Naucratis.
Traxectoria Segundo Ateneo escribiu unha obra ou catálogo sobre os distintos tipos de vasos e copas (), e segundo Natalis Comes, outra sobre mitoloxía grega, que probabelmente sexa unha confusión co Apolodoro da Biblioteca mitolóxica9.Apollodorus of Cyrene en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 233..
Notas
Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Gramáticos Categoría:Personalidades de Cirene na Antigüidade