The Band Concert é unha curtametraxe de 1935 dirixida por Wilfred Jackson e producida por Walt Disney Productions e estreada por United Artists. É a 73ª curtametraxe da serie de Mickey Mouse, o segundo estreado ese ano, e é salientable por ser o primeiro en estrearse en cor.Aínda que outros dous lanzamentos de Mickey Mouse foron producidos en branco e negro, a serie cambiou a cor de forma permanente.

A música foi adaptada por Leigh Harline, a historia segue a unha pequena banda de música, dirixida por Mickey Mouse, que loita por actuar ao tempo que se producen unha chea de distraccións. Clarence Nash proporciona a voz do Pato Donald, o único personaxe que fala.The Band Concert at The Encyclopedia of Disney Animated Shorts O filme segue sendo considerado unha das curtas máis aclamadas de Disney.

Personaxes Mickey Mouse como director Goofy como clarinete Can sen nomeApareceu como Gideon Goat nos materiais promocionais. () como trombón Clarabelle Cow como frauta Horace Horsecollar como percusión Peter Pig como trompeta Paddy Pig como tuba

Voces Clarence Nash como Pato Donald Pinto Colvig como diferentes ruídos

Notas

Categoría:Filmes de 1935 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wilfred Jackson Categoría:Filmes producidos por Walt Disney