Joachim Lelewel, nado en Varsovia o 22 de marzo de 1786 e finado en París o 29 de maio de 1861, foi un historiador, político e numismático polaco.
Lelewel foi ministro de Instrución Pública durante a insurrección polaca de 1830-1831 e unha figura senlleira do movemento republicano no seu país, antes de se exiliar no marco da Gran Emigración.
Como numismático, durante o exilio belga foi o fundador do Gabinete de Medallas da Biblioteca Real de Bélxica e da Sociedade Real de Numismática de Bélxica, que presidiu de 1841 a 1848.
Traxectoria
Orixe familiar e primeiros anos
Joachim Lelewel naceu en Varsovia o 22 de marzo de 1786,"Joachim Lelewel von Lowensprung h. wl. (ID: 14.93.26)". Sejm-wielki.pl no seo dunha familia nobre de orixe sueca e asentada en Alemaña,"Lelewel, Joachim". Encyclopedia of Romantic Nationalism in Europe (ernie.uva.nl). que se desprazara desde Austria ata Polonia a principios do século XVIII. O seu avó paterno, Heinrich Lölhöffel von Löwensprung (1705-1763), fora médico na corte do rei de Polonia e Elector de Saxonia Augusto III."Family Background and Formative Years". En Skurnowicz, J. S. (1981). Páxinas 4-19.Hoc, M. (1961). Páxina 5."Lelewel, Joachim". En Encyclopædia Britannica. 1911. Páxina 407."Henryk Lelewel von Lowensprung h. wl. (ID: 14.93.1)". Sejm-wielki.pl
O seu pai, Karol Maurice Lölhöffel von Lowensprung (1748-1830)"Karol Maurycy Lelewel von Lowensprung h. wl. (ID: 14.93.7)". Sejm-wielki.pl —avogado de formación, membro da Dieta Polaca e conselleiro da Comisión de Cultos e Instrución Pública— nacionalizárase polaco en 1768 baixo o reinado de Stanislau II Poniatowski, e foi daquela cando adoptou o apelido Lelewel.
Joachim Lelewel era o maior de sete irmáns, entre os que estaban Jean Paul (1796-1847),Feduszka, J. (2000). "Jan Paweł Lelewel (1796-1847)". En Zamojski Kwartalnik Kulturalny. Nº 3-4. 1999. Páxinas 77-84. enxeñeiro, e Prot Adam (1790-1894),"Prot Lelewel – wybitna postać historyczna Ziemi Wołomińskiej (I)" e "(II)". oficial da Grande Armée.
Lelewel medrou nunha época convulsa da historia de Polonia: era aínda un cativo cando desapareceu a República das Dúas Nacións logo da terceira partición de Polonia en 1795, e acadou a idade adulta cando Napoleón restableceu un Estado polaco en 1807: o Ducado de Varsovia.
Formación Joachim Lelewel recibiu a súa educación secundaria no colexio dos escolapios de Varsovia, e logo cursou estudos superiores de Historia na Universidade de Vilnius —a maior institución universitaria do Imperio ruso—,Beauvois, D. (1978). "Lumières et société en Europe de l'Est. L'Université de Vilna et les écoles polonaises de l'Empire russe (1803-1832) [compte rendu]". En Annales historiques de la Révolution française. 232. Páxinas 315-321. entre 1804 e 1808.Hoc, M. (1961). Páxina 6. Malia a anexión do antigo Gran Ducado de Lituania por Rusia, esta universidade seguiu a ser predominantemente polaca, e a utilizar oficialmente a lingua polaca no seu funcionamento."History". Vilnius University (VU.lt).
O restablecemento da independencia polaca era unha idea moi arraigada entre moitos patriotas polacos, entre eles Joachim Lelewel, xa na súa época como estudante.
Carreira académica Logo do seu período formativo, Lelewel dedicouse inicialmente ao ensino da Historia. De 1809 a 1811 impartiu docencia no instituto de ensino secundario de Krzemieniec, en Volinia."The University Professor and Productive Scholar". En Skurnowicz, J. S. (1981). Páxinas 20-44.
En 1814 regresou a Vilnius para se incorporar como profesor de Historia á universidade, e ese mesmo ano fundou unha revista literaria, Tygodnik Wilenski («Semanario de Vilnius»), na que debutou o poeta patriótico Adam Mickiewicz,"Tygodnik Wilenski". Encyklopedia PWN (encyklopedia.pwn.pl). que é considerado como un dos discípulos de Lelewel.
En 1819, Lelewel incorporouse como profesor suplente e bibliotecario á Universidade de Varsovia, creada só tres anos antes como parte do novo Reino de Polonia. Nela impartiu a materia de Historia de Polonia nos séculos XVI e XVII. En 1820 recibiu o doutoramento honoris causa por esta universidade."Doktorzy honoris causa". Uniwersytet Jagiellonski w Krakowie (UJ.edu.pl). En 1821 foi nomeado tamén catedrático de Historia Universal na Universidade de Vilnius.
A raíz dun conflito relacionado coa Sociedade Patriótica de Filomáticos, que deu lugar a un importante proceso político en xuño de 1824, Lelewel foi destituído das súas cátedras e expulsado da universidade ese mesmo ano.Lolowel, J. (1844). Novosiltzow à Vilna, ou Guerre impériale avec les enfants et l’instruction. Episode historique de 1824. Briard, Bruxelas.
Carreira política no Reino de Polonia (1824-1830) Así as cousas, Lelewel regresou a Varsovia, que era daquela a capital do Reino de Polonia creado polo Congreso de Viena en 1815 a partir do Ducado de Varsovia e asignado ao tsar Alexandre e aos seus sucesores."Charte constitutionnelle du royaume de Pologne". Mjp.univ-perp.fr Lelewel publicou nestes anos varias obras de gran valor, mais tamén se implicou na tensa vida política do reino, sobre todo baixo o tsar Nicolao, a partir de finais de 1824: en 1825 afiliouse á Sociedade Patriótica, e resultou elixido membro da Dieta en 1829."Lelewel in Warsaw Before and During the November Uprising". En Skurnowicz, J. S. (1981). Páxinas 45-72.
Lelewel era partidario dunha Polonia independente que, na súa opinión, só podía ser republicana e democrática, o que exixía unha gran reforma agraria e a abolición das formas de servidume que aínda se mantiñan na sociedade. O seu programa nacional consistía en volver ás fronteiras anteriores ás particións de Polonia.
A Insurrección de 1830-1831 miniatura|esquerda|Joachim Lelewel nun gravado de Seweryn Oleszynski (1925)
A insurrección de 1830-1831, que durou do 29 de novembro de 1830 a setembro de 1831, foi consecuencia das revolucións de 1830 en Francia e en Bélxica. Os oficiais do exército do reino temían que o tsar enviase as súas tropas (rusas e polacas) contra Bélxica e mesmo contra Francia. O 29 de novembro de 1830, un grupo de conspiradores, na súa maior parte cadetes de oficiais da escola de artillaría de Varsovia, lanzaron unha insurrección e lograron tomar o control de Varsovia.Zajewski, W. (1994). "L'Europe face à la révolution en Belgique et en Pologne 1830-1831". En Acta Poloniae Historica. Nº 69. Páxinas 81-97.
Neste contexto, o 1 de decembro de 1830, Lelewel e o seu amigo Maurycy Mochnacki fundaron o Club Patriótico, onde se reunían patriotas radicais e que traballaba para difundir a insurrección. Lelewel, á cabeza do Club, cuñou daquela un dos lemas de la insurrección: «Pola nosa liberdade e pola vosa», que implicaba que os polacos loitaban contra o tsar non só por eles, senón tamén polos demais pobos de Europa.
Para canalizar a insurrección, algúns conservadores con responsabilidades no reino estableceron vínculos cos radicais, e a composición do Consello de Goberno modificouse nun sentido máis patriótico, en particular coa entrada do príncipe Adam Czartoryski (29 de novembro) e o xeneral Chlopicki (1 de decembro).Davies, N. (1986). Histoire de la Pologne. Fayard. Páxina 217. ISBN 978-2213016948 O Comité Executivo do Consello incluía tamén dous membros do Parlamento, un deles Joachim Lelewel.
miniatura|Placa na memoria de Lelewel na rúa Dluga, Varsovia.
O 3 de decembro de 1830, o Consello de Goberno foi disolvido e substituído polo Goberno Provisional do Reino de Polonia, presidido por Adam Czartoryski, xunto con outras cinco persoas, entre as que estaba Joachim Lelewel. O xeneral Chlopicki converteuse en comandante en xefe do exército en substitución do gran duque Constantino, irmán do tsar, e convocouse a Dieta para o 18 de decembro.
Durante os primeiros días da insurrección, Lelewel participou nas negociacións co Gran Duque, que foi autorizado a abandonar o reino, así como coas unidades rusas presentes en Varsovia. Lelewel subliñou que o levantamento non ía dirixido contra o pobo ruso, senón contra o despotismo tsarista. O 18 de decembro, a Dieta investiu o xeneral Chlopicki como «ditador», xefe tanto do exército como do goberno. Estaba asistido por un Consello Nacional Supremo, do que Lelewel non formaba parte.
As negociacións con Nicolás I dirixidas por Drucki-Lubecki, que partira cara a San Petersburgo o 10 de decembro, ficaron en nada: a única opción ofrecida polo tsar era a rendición incondicional. O 18 de xaneiro de 1831, Chlopicki presentou a súa dimisión.
O 25 de xaneiro de 1831, a Dieta depuxo a Nicolás I do trono polaco e proclamou a independencia, e o 30 de xaneiro investiu o Goberno Nacional, presidido por Adam Czartoryski, ao que Joachim Lelewel pertencía novamente como «xefe do departamento» de Asuntos Relixiosos, Educación e Xustiza. Poucos días despois, o exército ruso, que se reunira en xaneiro, lanzou unha ofensiva contra o reino insurxente.
O Goberno nacional dirixido por Adam Czartoryski funcionou ata o 17 de agosto de 1831, cando dimitiu logo dos disturbios ocorridos en Varsovia os días 14 e 15 de agosto. A presidencia pasou daquela ao xeneral Krukowiecki, que asumiu as funcións de comandante en xefe.
A noite do 7 de setemrbo, Rybinski, xunto con varios políticos, abandonou Varsovia coas súas tropas —que estaba a punto de caer en mans dos rusos— coas súas tropas e instalouse en Płock. O día 8, Krukowiecki, que ficara en Varsovia, capitulou e foi substituído en Płock por Bonawentura Niemojowski. Ante a derrota, o Goberno nacional abandonou o reino o día 26. Rybinski permaneceu á fronte dos asuntos civís e militares do reino e Joachim Lelewel mantívose con el ata o final: abandonou o reino ao mesmo tempo que as súas tropas, o 5 de outubro de 1831. Cruzou a fronteira prusiana preto da vila de Jastrzebie e foi internado nun campamento prusiano de Brodnica, que daquela formaba parte da provincia prusiana de Prusia Occidental.
miniatura|Placa no número 153 do bulevar Saint-Germain (distrito 6 de París), na casa onde viviu Lelewel.
O exilio en París Logo do fracaso da insurrección en setembro de 1831, foi condenado en rebeldía á forca, e os seus bens foron confiscados. Do mesmo xeito que milleiros dos seus compatriotas, viuse na obriga de exiliarse. Marchou daquela a París, a onde chegou o 6 de novembro, e alí fundou o Consello Nacional Polaco (Komitet Narodowy Polski), do que foi presidente. Tamén dirixiu a organización Vinganza do Pobo (Zemsta Ludu), que fundou xunto co coronel Józef Zaliwski en decembro de 1831, co principal obxectivo de retomar a loita armada no seu país."Lelewel Émigré: Rebel v. Despotism: France, 1831-1833". En Skurnowicz, J. S. (1981). Páxinas 73-84.
En 1833, logo do chamamento que o seu Comité lle fixo ao pobo ruso en decembro de 1832 con motivo do aniversario da Revolta Decembrista de 1825, Lelewel foi detido na casa do xeneral La Fayette e conducido a Tours, onde ficou baixo vixilancia. Cinco meses máis tarde, por petición do embaixador ruso Pozzo di Borgo, o rei francés Luís Filipe expulsouno de Francia o 31 de decembro de 1832. Lelewel Fuxiu entón a Bélxica e instalouse en Bruxelas, onde viviu 28 anos.Hoc, M. (1961). Páxinas 5-6.
Exilio en Bélxica O 26 de outubro de 1834, Joachim Lelewel foi nomeado profesor da Universidade Libre de Bruxelas.Vanderkindere, L. (1884). L'Université de Bruxelles. Notice historique. Bruxelas. Páxinas 28, 61, LXIV, LXXX. Realmente non chegou a exercer a docencia nesa institución, aínda que se implicou de cheo na vida cultural do país. Nesa cidade escribiu as súas principais obras históricas, xeográficas e cartográficas."Lelewel Émigré: The Romantic Nationalism: Belgium, 1833-1861". En Skurnowicz, J. S. (1981). Páxinas 85-103.Sopocko, T. (1934).