A garza azulada (Ardea herodias) é unha ave limícola americana grande da familia Ardeidae, común preto das costas de augas abertas e en zonas húmidas da maior parte de América do Norte e Central, así como no noroeste de América do Sur, o Caribe e as illas Galápagos. Atópase ocasionalmente nas Azores e é unha ave vagante rara en Europa. No sur da Florida e nos caios da Florida existe unha poboación de cor branca deste especie, e discútese se estas aves brancas son un morfo de cor da garza azulada, unha subespecie dela ou unha especie completamente separada.

Taxonomía

A garza azulada foi descrita orixinalmente por Carl Linné na súa obra do século XVIII, 10ª edición de Systema Naturae. O seu nome científico procede do latín , e do grego antigo (erōdios), e ambos significan "garza".

O nicho desta especie está ocupado no Vello Mundo pola especie conxénere garza real (Ardea cinerea), que é algo máis pequena (90-98 cm), e presenta pescozo e patas de cor gris clara, carecendo dos tons marróns da garza azulada. A garza azulada forma unha superespecie coa garza real, na que tamén se inclúe a garza cocoi ou moura (Ardea cocoi) de América do Sur, que se diferencia por ter unha maior área negra na cabeza e un peito e pescozo brancos.

As cinco subespecies en que se divide son:

Imaxe Subspecies Distribución120px A. h. herodias Linnaeus, 1758 A maior parte de América do Norte, excepto o que se indica máis abaixo120pxA. h. fannini Chapman, 1901 Noroeste do Pacífico desde Alasca e polo sur ata Washington; costeira120px A. h. wardi Ridgway, 1882 Kansas e Oklahoma ata o norte da Florida, con avistamentos en Xeorxia120px A. h. occidentalis Audubon, 1835 Sur da Florida, illas do Caribe, antes coñecida como especie separada120px A. h. cognata Bangs, 1903 Illas Galápagos

Descrición

miniatura|Chamada miniatura|Co pescozo completamente estirado mentres traga unha serpe miniatura|Tomando o sol na postura de á delta. A garza azulada é a garza máis grande nativa de América do Norte. Entre todas as garzas existentes, só é superada en tamaño pola Ardea goliath e a Ardea insignis. Presenta un baixo grao de dimorfismo sexual; os machos son lixeiramente meirandes que as femias, pero noutros aspectos os sexos case non se poden distinguir externamente. A súa lonxitude cabeza-cola é de 91 a 137 cm, a envergadura de 167–201 cm, a altura de 115-138 cm, e o peso de 1,82 a 3,6 kg.Cornell Lab of Ornithology Na Columbia Británica os machos adultos pesan como media 2,48 kg e as femias adultas 2,11 kg. En Nova Scotia e Nova Inglaterra, as garzas adultas de ambos os sexos pesan como media 2,23 kg, mentres que en Oregón ambos os sexos pesan como media 2,09 kg. Deste xeito, as garzas azuis son aproximadamente dúas veces máis pesadas que a garza branca grande (Ardea alba), aínda que soamente algo máis altas ca elas, pero pesan só aproximadamente a metade que Ardea goliath.

Características notables da garza azulada son as plumas de voo de cor lousa (cincentas con tons azuis), coxas de cor marrón avermellada, e unha banda par marrón avermellada e negra nos flancos; o pescozo é de cor gris ferruxento, cunhas manchas negras e brancas por diante; a cabeza é máis clara, cunha face case branca e un par de plumas cor lousa ou negras que discorren xusto por riba do ollo ata a parte de atrás da cabeza. As plumas da parte inferior do pescozo son longas e con forma de penacho; tamén ten penachos na parte inferior das costas a comezo da estación reprodutora. O bico é amarelado mate, facéndose laranxa por breve tempo a comezo da estación reprodutora, e a parte inferior das patas é gris, tornándose tamén alaranxada a comezos da estación reprodutora. As aves inmaturas son de cores máis apagadas, cunha coroa gris anegrada apagada, e o debuxo dos flancos está mal definido; non teñen plumas, e o bico é amarelo agrisado apagado. Entre as medidas estándar, a corda alar é de 43-49,2 cm, a cola é de 15,2-19,5 cm, o culmen (lonxitude dorsal da mandíbula superior) é de 12,3-15,2 cm, e o tarso é de 15,7-21 cm.Blake, Emmett Reid (1977). Manual of Neotropical Birds, Volume 1. University Of Chicago Press, Proceedings of the United States National Museum, Volume 42. A alancada desta garza é duns 22 cm, case en liña recta. Dúas das tres dedas frontais están xeralmente moi xuntas. Nas pegadas, as dedas dianteiras e a traseira, adoitan mostrar pequenas garras.Murie & Elbroch, Peterson Field Guide to Animal Tracks, pg. 334 (2005) miniatura|Comendo un peixe Amia calva. Exhibindo a glote. As subespecies difiren soamente un pouco en tamaño e ton da plumaxe, coa excepción de A. h. occidentalis, nativa do sur da Florida, que tamén ten un distintivo morfo branco (que non se debe confundir coa garza branca grande). Esta subespecie difire das outras na morfoloxía do bico, lonxitude das plumas da cabeza e en ter unha total ausencia de pigmento na súa plumaxe. Como media é máis grande que a raza simpátrica A. h. wardi e pode ser a raza máis grande desta especie. Nunha avaliación de A. h. occidentalis na Florida, os machos tiñan un peso medio de 3,02 kg e as femias de 2,57 kg, cun intervalo de pesos en ambos os sexos de 2,0 a 3,4 kg. Atópase principalmente preto da auga salgada, e durante moito tempo pensouse que era unha especie distinta. As aves intermedias entre o morfo normal e o morfo branco foron chamadas en América garzas de Würdemann; esas aves lembran a garza azulada "normal" con cabeza branca.

A teoría de que as garzas do morfo branco poderían ser unha especie separada (A. occidentalis) recibiu algún apoio de David Sibley.

Especies similares miniatura|Unha garza azulada de morfo branco no Florida Keys National Marine Sanctuary. A subespecie branca A. h. occidentalis podería confundirse coa garza branca grande (Ardea alba), pero é máis grande, con patas amarelas a diferenza das patas negras da garza branca grande. A Egretta rufescens e Egretta caerulea poderían confundirse coa garza azulada, pero son moito máis pequenas e carecen de branco na cabeza e de amarelo no bico. Na zona sur da súa distribución (por exemplo, Colombia e Panamá), a garza azulada ás veces solápase xeograficamente coa especie estreitamente relacionada e de tamaño similar Ardea cocoi. A cocoi distínguese por ter un pescozo moi branco e coroa negra, pero os xoves de cores máis apagadas son máis fáciles de confundir. Máis similar superficialmente é a lixeiramente máis pequena garza real, que pode ás veces aparecer como ave errante nas costas do norte de América do Norte. A garza real (que ocupa o mesmo nicho ecolóxico en Eurasia que a garza azulada) ten plumaxe moi similar, pero ten un pescozo completamente gris. Por outra parte, non hai por que confundila cos grous. As garzas e os grous son doados de diferenciar en voo; os grous voan co pescozo estirado, pero as garzas lévano en forma de S.

Distribución e hábitat miniatura|upright|Pousada no Cemeterio de Green-Wood, cidade de Nova York.

A garza azulada atópase na maior parte de América do Norte, chegando polo norte a Alasca e sur do Canadá no verán. En inverno a súa área de distribución esténdese ao sur a través da Florida, México e o Caribe ata o noroeste de América do Sur (regular en Colombia e Venezuela, accidental noutras partes de América do Sur). As aves ao leste das Montañas Rochosas na parte norte da súa área son migratorias e pasan o inverno en áreas costeiras do sur dos Estados Unidos, América Central, ou na parte norte de América do Sur. Desde o sur dos Estados Unidos cara ao sur, e en parte da costa do Pacífico, son residentes todo o ano. Porén, a súa tolerancia climática é tal que os individuos a miúdo permanecen tamén nos invernos fríos do norte, con tal que as augas con abundantes peixes non estean conxeladas (o cal pode ocorrer só en augas correntes como as de regatos e ríos).

A garza azulada pode adaptarse a case todos os hábitats de zonas húmidas da súa área de distribución. Pode encontrarse en marismas de augas doces e salgadas, mangleirais pantanos, prados asolagados, ribeiras de lagos ou zonas litorais. É bastante adaptable e pode verse en áreas moi desenvolvidas con tal de que teñan corpos de auga con peixes abondos.

A garza azulada raramente se aventura lonxe dos corpos de auga, pero por veces poden verse voando sobre áreas elevadas. Xeralmente nidifican en árbores e arbustos preto do bordo da auga, a miúdo en illas (que minimizan o potencial para a predación) ou en lugares parcialmente illados.Short, Henry L. and Cooper, Robert J. (1985). Habitat suitability index models Great blue heron . Biological report 82(10.99). Washington, DC : Western Energy and Land Use Team, Division of Biological Services, Research and Development, Fish and Wildlife Service

Foi rexistrada como ave errante en Inglaterra, Groenlandia, Hawai e as Azores. Está incluída na lista das aves ibéricas.

O morfo branco é exclusivo do sur da Florida, incluíndo o Great White Heron National Wildlife Refuge dos caios da Florida.

Comportamento

Alimentación O principal alimento da garza azulada son os peixes. Aínda que poden depredar peixes de varios tamaños, desde pequenas crías ata adultos, que miden 60 cm de lonxitude e pesan arredor de 900 g, os que normalmente prefiren son os peixes de tamaño pequeno a medio de 10–20 cm.Baird, Spencer Fullerton, Thomas Mayo Brewer, and Robert Ridgway. The water birds of North America. Vol. 1. Little, Brown,, 1884.Forbes, L. Scott. "Feeding behaviour of great blue herons at Creston, British Columbia." Canadian journal of zoology 65.12 (1987): 3062-3067. Os peixes principais que depredan son variables baseándose na súa dispoñibilidade e abundancia. En Nova Scotia, o 98 % da súa dieta estaba formado por peixes planos.Quinney, T. E. and P. C. Smith. 1979. Reproductive success, growth of nestlings and foraging behaviour of the Great Blue Heron (Ardea herodias herodias L.). contract rept. No. KL229-5-7077. Can. Wildl. Serv. Ottawa. Na Columbia Británica, os principais tipos de peixes depredados son espiñentos, fólidos, cotoideos e percas.Butler, R. 1991. Habitat selection and time of breeding in the Great Blue Heron (Ardea herodias). PhD Thesis. Univ. of Brit. Col. Vancouver. As garzas de California vivían principalmente de espiñentos, Micropterus, percas, peixes planos e capeláns.Hom, C. W. 1983. Foraging ecology of herons in a southern San Francisco Bay saltmarsh. Colonial Waterbirds 6:37-44.Stickley Jr, Allen R., et al. "Impact of great blue heron depredations on channel catfish farms." Journal of the World Aquaculture Society 26.2 (1995): 194-199.Hodgens, Lynn S., Steven C. Blumenshine, and James C. Bednarz. "Great blue heron predation on stocked rainbow trout in an Arkansas tailwater fishery." North American Journal of Fisheries Management 24.1 (2004): 63-75.