Alestorm é unha banda escocesa de heavy metal formada en Perth no ano 2004. A súa música caracterízase por unha temática de piratas, e como resultado foron bautizados como un grupo de "pirate metal" por moitos críticos e polos seus fans. No presente a banda está formada polo vocalista principal e teclista Christopher Bowes, o baixista Gareth Murdock, o batería Peter Alcorn, o teclista e vocalista Elliot Vernon e o guitarrista Máté "Bobo" Bodor.
Ata a data a banda publicou sete álbums de estudio, todos eles a través do selo austríaco Napalm Records: Captain Morgan's Revenge (2008), Black Sails at Midnight (2009), Back Through Time (2011), Sunset on the Golden Age (2014), No Grave But the Sea (2017), Curse of the Crystal Coconut (2020), e Seventh Rum of a Seventh Rum (2022). A banda tamén publicou un álbum ao vivo e cinco EPs. O vocalista principal Christopher Bowes é a voz do locutor do equipo Pirate no videoxogo Pirates, Vikings and Knights II.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Captain Morgan's Revenge 2008 Napalm Records Black Sails at Midnight 2009 Napalm Records Back Through Time 2011 Napalm Records Sunset on the Golden Age 2014 Napalm Records No Grave But the Sea 2017 Napalm Records Curse of the Crystal Coconut 2020 Napalm Records Seventh Rum of a Seventh Rum 2022 Napalm Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Escocia Categoría:Grupos musicais de pirate metal Categoría:Grupos musicais de folk metal Categoría:Grupos musicais de power metal Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais formados en 2004