Damián Barreiro Maceiras, nado na Estrada o 9 de agosto de 1984 e finado en Avilés o 6 de febreiro de 2025, foi un xornalista e escritor galego en lingua asturiana.

Traxectoria Licenciouse en Xornalismo na Universidade do País Vasco e cursou un mestrado en Xestión Cultural na Universidade Aberta de Cataluña. Ademais, na Universidade de Oviedo obtivo o título de especialista universitario en «Asturias. Espacio, Patrimonio, Historia y Cultura».

En setembro de 2017 incorporouse ao equipo de Europa Press, cubrindo a información rexional e local e encargándose do servizo de noticias en asturiano. Foi guionista de programas divulgativos sobre música, literatura e historia de Asturias en medios como a RTPA, Asturies.com ou Les Noticies.

Era militante activo da Xunta Pola Defensa de la Llingua Asturiana. En Youtube xestionaba a canle Horros & Frixuelos no que analizaba as relacións entre a cultura asturiana e a cultura pop contemporánea.

Recoñecementos Premiu Federico G. Fierro Botas 2013 por L'espeyu onde miranos: Televisiones de proximidá n'Europa Occidental y procesos de recuperación identitaria. Premio Máximo Fortes Acevedo 2014 por Caleya Sésamu: o papel da televisión na tresmisión interxeneracional da llingua. Premio Máximo Fortes Acevedo 2018 por Asturploitation. Premio Máximo Fortes Acevedo 2022 por Asturianía kitsch: decálogu de la cultura pop ástur.

Notas

Categoría:Escritores en lingua asturiana Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Alumnos da Universidade Aberta de Cataluña Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Xornalistas de Asturias Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1984 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes