Desde a chegada da aviación a Galicia foron diversos os accidentes sucedidos, xa fosen por circunstancias meteorolóxicas, por erros humanos, por neglixencias ou por sucesos bélicos no marco da segunda guerra mundial. Desde 1974 os accidentes de aviación civil en España son investigados pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil, e desde 1994 a Comisión para a Investigación Técnica de Accidentes de Aeronaves Militares investiga os accidentes de aviación militar. Inclúense tamén accidentes de voos con orixe ou destino en Galicia.

Accidentes

Tipo Aviación civil Aviación militar

Data Lugar Danos persoais Informe Descrición 3 de setembro de 1930 Ferrol 6 falecidos Un hidroavión Dornier Do J Wal da Aeronáutica Naval española (con distintivo "A") que participaba nunhas manobras con outro aparato do mesmo tipo (distintivo "E") bateu en Pena Roiba, un outeiro preto do cabo Prioriño, por mor da néboa. Os dous aparatos partiran da base de Ferrol con dirección a Santander, pero decidiron regresar debido ás más condicións meteorolóxicas. 21 de outubro de 1932 San Clodio (Ribas de Sil) 1 falecido e 1 feridoUn avión da Aeronáutica Militar incendiouse tras bater cun muro dunha veiga. O piloto, Ricardo Bellot, quería aterrar nun predio de seu sogro, Manuel Batanero Flórez. 24 de marzo de 1933 Vilagarcía de Arousa 3 falecidos Un hidroavión da Royal Navy (probablemente un Fairey III) caeu ao mar. Formaba parte da dotación dun navío integrado nunha escuadra fondeada na ría de Arousa, e efectuaba unha exhibición xunto con outros aparatos cando bateu co mastro dun destrutor, o que provocou o desprendemento dunha á. 25 de setembro de 1934 Aeródromo de Sarria 1 falecido Accidente dun aparato militar que participaba nunhas manobras. Faleceu no mesmo o Teniente Dalias. 22 de febreiro de 1944(Accidente de Monteagudo) Calvos de Randín 6 falecidos Un Lockheed Hudson do No. 48 Squadron da Royal Air Force que voaba dende Xibraltar ata Inglaterra con outros 12 avións esnafrouse contra o Monteagudo. 9 de maio de 1951 Pedraza (Monterroso) 4 falecidos Un avión de formación Junkers da base de León bateu contra un monte durante unha intensa tormenta. 15 de agosto de 1962 Santiago de Compostela 2 falecidosUn avión de adestramento North American T-6 Texan do Exército do Aire pertencente á base aérea de Villanubla caeu a un prado a 4 km do aeroporto da Lavacolla, ao que se dirixía. 12 de outubro de 1963 Santiago de Compostela 2 falecidos Un avión North American T-6 Texan do Exército do Aire pertencente á base aérea de Villanubla bateu a douscentos metros da cabeceira de pista do aeroporto da Lavacolla cando se dispuña a aterrar. 29 de abril de 1964 Vilarrodís (Arteixo) 2 falecidos Unha avioneta AISA I-11B pertencente ao Aeroclub de Santiago estrelouse por causas descoñecidas. Faleceron Francisco Dorado Aguilar (marqués de Villanueva de la Sagra) e o empresario Antonio Ramos Vázquez. 10 de outubro de 1966 Castro de Rei 1 falecido e 1 ferido Unha avioneta Jodel D.1190 do Real Aeroclub Lucense bateu cando ía aterrar no aeródromo de Rozas. Faleceu o piloto, José Abelleira Pacios. 1 de maio de 1967 O Mesón do Vento (Ordes) 3 falecidos Unha avioneta Jodel con matrícula francesa (F-FBPU) estrelouse oito minutos despois de engalar do aeroporto de Alvedro, ao parecer tras presentar problemas mecánicos. 9 de abril de 1968 Tarrío (Culleredo) 2 falecidosUnha avioneta Jodel D.1290 Compostela con matrícula F-AZZ do Aero Club da Coruña bateu contra unha casa tras efectuar un xiro pechado a baixa altura ao pouco de engalar do aeroporto de Alvedro. 13 de agosto de 1968 O Pudrical (Cabanas) 3 falecidos Unha avioneta Pipper Cherokee con matrícula PA-28.835 con matrícula española que realizaba un voo de Pamplona á Coruña estrelouse probablemente debido á néboa. 13 de agosto de 1973(accidente de Montrove) Liáns (Oleiros) 85 falecidos Un avión Sud Aviation SE 210 Caravelle que operaba o voo 118 de Aviaco estrelouse nunha fraga ao intentar aproximarse ao aeroporto de Alvedro para aterrar. 24 de agosto de 1976 Rubiás (Lugo) 1 falecido Unha avioneta do Aeroclub de Lugo esnafrouse tras verse sorprendida por unha forte tormenta. 8 de setembro de 1976(Accidente de Monte Xiabre) O Carril (Vilagarcía de Arousa) 3 falecidos Un hidroavión Canadair CL-215 do Exército do Aire esnafrouse nas proximidades do monte Xiabre cando participaba nas labores de extinción dun lume forestal. 13 de xuño de 1977 A Caniza 2 falecidos Unha avioneta que realizaba un voo publicitario esnafrouse na Calzada tras rozar unha árbore cando realizaba unha pasada a baixa altura repartindo propaganda da UCD de cara ás eleccións xerais de España de 1977. 3 de marzo de 1978(accidente da Lavacolla)Santiago de Compostela 84 feridos Un Super DC-8/63 de Iberia (matrícula EC-BMX) que cubría o voo 575 entre Madrid-Barajas e Santiago de Compostela rebasou a fin de pista ao aterrar no aeroporto da Lavacolla. 30 de agosto de 1979 Sardiñeiro (Fisterra) Sen danos persoaisUnha avioneta que ía do Porto a Biarritz realizou unha aterraxe de emerxencia na praia do Rostro. 20 de novembro de 1979 Culleredo 1 falecido e 1 feridoUnha avioneta con matrícula EC-CYN que facía a aproximación ao aeroporto de Alvedro esnafrouse contra o monte Xalo por mor das más condicións climatolóxicas. 23 de marzo de 1980 Castelo (Cervo) 3 falecidos Unha avioneta SOCATA Rallye 235 con matrícula EC-DGM que realizaba un voo entre Oviedo e A Coruña esnafrouse en Rego Salgueiro por causas descoñecidas. 9 de setembro de 1988(Accidente da Lavacolla (1988)) Santiago de Compostela 4 falecidos Un hidroavión Canadair CL-215 do Exército do Aire, que se dispuña a colaborar na extinción dun incendio forestal, esnafrouse momentos despois de engalar do aeroporto da Lavacolla debido ao fallo dun dos motores. 1988Teixeiro (Lugo) 1 ferido Un helicóptero pilotado por Luis Abelleira Pacios caeu aos lagos de Teixeiro. 15 de xaneiro de 1989Suevos (Arteixo) 3 falecidos Un helicóptero Bell 47 con matrícula EC-BNF esnafrouse na punta Lagosteira por causas descoñecidas. 21 de marzo de 1994(accidente de Peinador) Aeroporto de Peinador 62 feridos A-011/1994 Un avión McDonnell Douglas DC-9 que operaba o voo 260 de Aviaco descendeu entre a néboa anticipándose ao comenzo da pista de aterraxe. O tren de aterraxe rompeu e o avión esbarou pola pista, incendiándose o exterior. 21 de agosto de 1996 Adelán (Alfoz do Castrodouro) 2 feridos Unha avioneta que realizaba fotografía aérea bateu contra uns eucaliptos no monte da Rebolada. 12 de abril de 1997(Accidente de Trasmiras) Aeródromo de Trasmiras 2 falecidos Unha avioneta caeu ao chan ao pouco de engalar. 23 de outubro de 1999 Lugo 2 falecidos A-062/99 Unha avioneta Piper PA-24 con matrícula de Suecia (SE-EOU) que realizaba un voo entre a cidade portuguesa de Faro e o Reino Unido esnafrouse probablemente tras unha perda de control en voo por parte do piloto debido á cal o aparato capotou e acabou precipitándose ao chan tras entrar en barrena. 18 de agosto de 2000 Caldas de Reis 1 ferido A-033/2000 O helicóptero Robinson R-22 Beta, con matrícula EC-HJE, envorcou mentres engalaba debido a unha refolada de vento que o fixo bater cun obstáculo. 29 de marzo de 2001 Lobios 1 ferido A-015/2001 O helicóptero Eurocopter AS355 Écureuil, con matrícula EC-DZX, envorcou xusto antes de elevarse do chan debido a unha refolada de vento que o fixo bater cunha pena. 7 de xuño de 2001 Santiago de Compostela 2 feridos A-032/2001 O avión Beechcraft B300C, con matrícula F-GOAE, que transportaba cargamento ao aeroporto de Lavacolla, estrelouse contra unhas árbores despois de perderse debido a un banco de néboa cando se aproximaban para aterrar. 4 de abril de 2003 Razo (Carballo) Sen danos persoais Un aviocar 212 do Exército do Aire realizou unha aterraxe de emerxencia na praia de Razo tras unha avaría que o deixou sen combustible. 8 de agosto de 2003 Rinlo (Ribadeo) 2 falecidos A-045/2003 Unha avioneta Robin ATL con matrícula francesa (F-GFNB) que realizaba un voo entre Ribadeo e Santiago de Compostela caeu ao mar poucos minutos despois de engalar, probablemente tras desorientarse debido á néboa. 23 de abril de 2004 Santiago de Compostela 3 falecidos A-022/2004 Un globo aerostático (matrícula EC-FVL) incendiouse en voo tras bater coa cheminea dun edificio e posteriormente caeu ao chan. O aeróstato realizaba un voo de carácter publicitario e a consecuencia da colisión produciuse unha fuga nunha das botellas de propano que portaba, e axiña se estendeu o lume. 22 de xullo de 2004 Beariz 1 falecido A-046/2004 A avioneta PZL M18A Dromader con matrícula EC-FTQ esnafrouse contra o monte Marcofán nas tarefas de extinción dun incendio. 7 de xuño de 2005 Beariz 1 falecido A-023/2005 A avioneta PZL M18A Dromader con matrícula EC-FDN caiu ao chan mentres viraba pouco despois de engalar desde o aeródromo de Beariz. 6 de agosto de 2005 Verín 1 falecido A-045/2005 A avioneta PZL M18A Dromader con matrícula EC-GAQ bateu cunhas árbores xusto despois de descargar auga durante as tarefas de extinción dun incendio, provocando a súa caída ao chan. 26 de setembro de 2006 Aeródromo de Rozas 1 falecido A-056/2006 Unha aeronave de construción propia caiu ao chan ao perder o control mentres facía probas de voo. 21 de setembro de 2011 Aeródromo de Beariz 1 ferido A-044/2011 A avioneta Cessna 337-G con matrícula EC-GDZ caiu na balsa de auga do aeródromo, quedando parcialmente mergullada, ao realizar unha aterraxe demasiado longa. Isto obrigou a clausurar o aeródromo ata que se alongou a pista e se trasladaron a balsa e un edificio para que non estiveran na cabeceira da pista. 2 de outubro de 2011 Monterrei 1 falecido A-039/2011 A avioneta PZL M18B Dromader con matrícula EC-EBI bateu contra o monte durante as tarefas de extinción dun incendio. 2 de agosto de 2012 Santiago de Compostela 2 falecidos A-012/2012 Un avión Cessna 500 con matrícula EC-IBA esnafrouse cando ía aterrar no aeroporto da Lavacolla. 31 de maio de 2014 Cornazo (Vilagarcía de Arousa) 1 ferido A-012/2014 Un helicóptero bateu contra o monte Lobeira. 26 de outubro de 2014 Barro 4 feridos A-030/2014 A aeronave Piper PA-28R-180, con matrícula EC-FRL, fixo unha aterraxe de emerxencia ao apagarse o motor debido a que se esgotou o combustible. 27 de agosto de 2015 O Castro de Caldelas 1 ferido A-025/2015 A aeronave PZL M18B Dromader, con matrícula EC-FBJ, bateu contra o monte nas tarefas de extinción dun incendio, resultando destruída. 8 de agosto de 2020 Lobios 1 falecido e 1 ferido A-030/2020 Un hidroavión portugués do servizo de incendios do tipo Foca (Canadair CL-215) bateu contra o monte nas tarefas de extinción dun incendio en Manín. 1 de novembro de 2022 Aeródromo de Rozas 1 ferido A-056/2022 A aeronave Aisa I-11B, con matrícula EC-BLX, esnafrouse mentres estaba practicando engalaxes e aterraxes cando unha velutina picou ao piloto provocando que este soltase os mandos. A aeronave quedou esnaquizada. 28 de maio de 2024 Aeródromo das Lamas 2 feridos Dous feridos ao caer un ultralixeiro fóra da pista.

Incidentes