Oriol Rey Erenas, nado en Barcelona o 25 de febreiro de 1998, é un futbolista español que xoga como centrocampista defensivo e defensa central no Levante, da Segunda División.
Traxectoria Formado como futbolista na canteira do FC Barcelona dende os dez anos, fichou en 2017 polo equipo xuvenil do Leeds United. Para a tempada 2018/19 foi cedido ao Conquense, da Segunda División B. Debutou o 9 de setembro, xogando os últimos 32 minutos dun empate 1-1 como visitante ante o CF Peralada. Consolidado na titularidade, disputou un total de 34 partidos, pero non puido evitar o descenso do seu equipo.
En xullo de 2019 fichou polo Real Valladolid Promesas. O 16 de xaneiro de 2021 debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, nun partido ante a Peña Deportiva, substituíndo a Toni Villa na prórroga. O 29 de xaneiro debutou na Primeira División, entrando no lugar de Míchel nunha derrota por 1-3 contra o Huesca no Estadio José Zorrilla.
Entre 2021 e 2023 xogou no Mirandés, da Segunda División, pasando a continuación ao Levante.
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1998 Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da UB Conquense Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do Levante UD