Baranoa é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Atlántico. Limita polo norte cos municipios de Galapa e Tubará; polo sur, co concello de Sabanalarga; polo leste cos de Polonuevo e Malambo e polo oeste cos de Juan de Acosta e Usiacurí.
Historia Baranoa ten orixe indíxena, sendo nun principio un asentamento de tribos arauacas-caribes á beira do regato Grande. Durante a época da conquista foi refundada polos españois baixo o nome de Santa Ana de Baranoa. Con este nome pode ser localizado en cédulas da coroa no Museo Nacional de Colombia.
A aldea foi visitada en 1534 por Pedro de HerediaSistema Nacional de Información Cultural , Ministerio de Cultura de Colombia e elevada á categoría de concello o 23 de outubro de 1856.
Notas
Categoría:Concellos do Atlántico