Coendou vossi é unha especie de mamífero da familia Erethizontidae endémica de Colombia.
Distribución Os exemplares de Coendou vossi son orixinarios dos bosques húmidos e secos do val interandino do Magdalena e do Caribe. Habita áreas secas dos departamentos de Caldas, Cesar, Cundinamarca, Santander, Sucre e Tolima.
Descrición A diferenza de C. quichua e C. rothschildi con quen se encontra estreitamente relacionado, C. vossi é máis pequeno, medindo entre 26 e 33 cm. A súa cola é máis longa, supoñendo o 70% do seu corpo e facilitando un comportamento arbóreo. As púas de C. vossi son bicolores ou tricolores, sendo máis clara na base, chegando a medir de 27 a 55 mm. Na súa faciana chegan a medir de 5 a 10 mm.
O dorso posúe escasa pelaxe cor marrón escura, máis escura ca as outras especies coas que foi confundido no pasado. O seu cranio é menos alongado.
Notas
Categoría:Mamíferos de Colombia Categoría:Fauna endémica de Colombia Categoría:Animais descritos en 2025