Universal Studios Florida é un parque temático dos Estados Unidos de América, situado na cidade de Orlando, no Estado da Florida. É o segundo parque temático da produtora de cine e promotora de parques temáticos globais Universal Studios construído despois de Universal Studios Hollywood. Universal Orlando Resort inaugúrase o 7 de xuño de 1990. O 28 de maio de 1999 ábrese o segundo parque do complexo: Islands of Adventure. Finalmente o 25 de maio de 2017 abre o seu parque temático acuático Volcano Bay. Na actualidade ten dous parques temáticos, un parque acuático, un complexo comercial e de ocio e 6 hoteis. Ten unha extensión total de 220 hectáreas..En 2016 Universal Studios foi o 9º parque máis visitado do mundo, cun total de 10 millóns de visitantes. A franquía de Universal non é a única do parque, sumándose licenzas de Warner, Sony ou ata Disney.
Celébranse dous grandes festivales en Universal Studios: Mardi Grass e as Halloween Horror Nights.
Áreas temáticas
Universal Studios está dividido en oito áreas de diversión especializadas: Nova York, San Francisco, Diagon Alley, Dreamworks, World Expo, Springfield, Illumination Minion Land e Hollywood
Nova York Decorados das rúas da cidade americana de Nova York con clixès modernos asociados á cidade e personaxes recoñecidos protagonizando diversas atraccións como o presentador de televisión Jimmy Fallon co seu propio simulador ou o Show de Os Blues Brothers.
Atraccións
Hollywood Rip Ride Rockit Race Through New York Starring Jimmy Fallon Revenge of the Mummy The Blues Brothers Show Transformers: The Ride – 3D O anfiteatro Universal Music Plaza Stage
San Francisco
A decoración de rúas de San Francisco cun simulador do filme Fast & Furious.
Atraccións
'Fast & Furious: Supercharged
The Wizarding World of Harry Potter – Diagon Alley/London
Esta área inclúe unha recreación da travesa Diagon e unha pequena sección do Londres do Universo de Harry Potter. A principal atracción é a montaña rusa Harry Potter and the Escape from Gringotts, a fachada do edificio representa o Banco Gringotts dos libros e películas da saga. Enriba do edificio hai un dragón que expulsa un golpe de lume cada 20 minutos con fins temáticos e recreativos. Do mesmo xeito que Dragon Challenge e Harry Potter and the Forbidden Journey, o paseo ten asentos de proba na parte dianteira da cola para permitir que os potenciais pilotos comproben se poden encaixar con seguridade. Universal tamén engadiu unha recreación plenamente operativa do Expreso de Hogwarts que conecta a estación de King's Cross dos Universal Studios Florida coa estación de Hogsmeade de Islands of Adventure. Tanto Hogsmeade como a travesa Diagon conteñen moitas tendas e restaurante das novelas, como a tenda de trangalladas de broma dos xemelgos Weasley, a tenda de variñas de Olivanders (cun show en vivo onde o actor axuda a un visitante a atopar a súa variña idónea) a tenda de uniformes de Madam Malkin ou o Caldeiro Pingón.
World Expo
Praza de inspiración futurista
Atraccións
Men in Black: Alien Attack
Hollywood
Área inspirada na idade dourada de Hollywood entre a década dos 50 e dos 60.
Atraccións
E.T. Adventure
Springfield
A única área da vila de Springfield de toda a franquía dos The Simpsons está situada neste parque.
Atraccións
Kang & Kodos' Twirl 'n' Hurl 2013 Zamperla The Simpsons Ride
Illumination Minion Land
Área infantil
Atraccións Despicable Me Minion Mayhem Jimmy Neutron's Nicktoon Blast (2003–2011)
DreamWorks Land
Área infantil
Atraccións
DreamWorks Imagination Celebration King Harold's Swamp Symphony Mama Luna Feline Fiesta Po's Kung Fu Training Camp Po Live! Poppy's Playground Shrek's Swamp for Little Ogres Trolls' Trollercoaster
Harry Potter and the Escape from Gringotts miniatura| O dragón de Gringotts, xaneiro de 2025
Harry Potter e a fuga de Gringotts é unha montaña rusa de aceiro fabricada pola empresa construtora Intamin, con sede en Liechtenstein, que se estreou o 8 de xullo de 2014. O especial desta montaña rusa é que foi construída completamente baixo a infraestrutura dun edificio, o que significa que pertence á categoría das dark rides, todo o seu percorrido acontece a cuberto. Debido á extensa temática con decoracións de paseo a tamaño real do Banco dos trasgos do universo de Harry Potter tamén se considera un paseo temático. A montaña ten nove trens con dous vagóns cada un. Cada carruaxe pode acomodar doce persoas (tres filas de catro persoas cada unha)
A atracción conta cunha lonxitude de aproximadamente 610 metros, inclúe pantallas de proxección 3D similares ás das atraccións Transformers: The Ride 3D e The Amazing Adventures of Spider-Man. A trama da atracción está ambientada durante os acontecementos de Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte), cando Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger intentan infiltrarse en Gringotts para recuperar un Horrocrux, como parte da súa misión de derrotar a Lord Voldemort.
Os visitantes reciben lentes 3D para que as usen xa antes de subir aos trens. O paseo ten unha estación dual, pero os dous lados son enviados ao mesmo tempo, polo que un tren moverase diante do outro. Entón, o tren arrastra aos pilotos ata a primeira escena e detense. Actívase unha alarma de seguridade, e a personaxe de Bellatrix Lestrange aparece acusando aos "nados muggles" de ter accedido á súa bóveda. Sen aviso, lanza un feitizo sobre os coches, no que a pista se inclina. Despois, lánzanse os coches, pola baixada de máis altura da atracción, para comezar cos xiros e máis escenas, pantallas e o curso da historia.
Incidentes
En 2011 tres persoas resultaron feridas por obxectos non identificados mentres montaban en Hulk e Dragon Challenge. Dous deles perderon un ollo e, a raíz destes incidentes, decidiron colocar detectores de mentais en tres montañas rusas, incluídas as dúas afectadas. .
Véxase tamén Outros artigos T2-3D: Battle Across Time
Notas
Categoría:Florida Categoría:Parques temáticos dos Estados Unidos de América