O Ducado de Brunswick (alemán: Herzogtum Braunschweig ) foi un estado contemporáneo alemán que deixou de existir en 1918. A súa capital era a cidade de Brunswick (Braunschweig). Foi establecido como estado sucesor do Principado de Brunswick-Wolfenbüttel polo Congreso de Viena en 1815. No transcurso da historia de Alemaña no século XIX, o ducado formou parte da Confederación Alemá, da Confederación Alemá do Norte e desde 1871 do Imperio Alemán. Foi desfeito despois do final da Primeira Guerra Mundial, o seu territorio incorporouse á República de Weimar como Estado Libre de Brunswick.

Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Ducados