A papuxa do deserto (Curruca deserti, antes Sylvia deserti) é unha papuxa típica da familia Sylviidae que vive en zonas desérticas do norte de África.
Taxonomía Ata recentemente era considerada conespecífica coa papuxa anana (Curruca nana) de Asia,Del Hoyo, J., Elliot, A., & Christie, D. (editors). (2006). Handbook of the Birds of the World. Volume 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Lynx Edicions. . pero agora dáselle status de especie propia.IOC World Bird List version 2.9: Old World Warblers Svensson, L., Mullarney, K. & Zetterström, D. (2009). Collins Bird Guide, 2ª edición. HarperCollins, Londres . Ambas as aves son entre si os parentes máis próximos vivos que teñen, e as súas relacións con outros sílvidos típicos non está clara; poden estar bastante próximas á papuxa común. Porén, parece que estes tres taxons son membros bastante basais do xénero.Helbig, A. J. (2001). The characteristics of the genus: Phylogeny and biogeography of the genus Sylvia. Pages 24–28 in: Shirihai, H., Gargallo, G., Helbig, A. J., & Harris, A. Sylvia Warblers. Helm Identification Guides Jønsson, K. A., & Fjeldså, J. (2006). A phylogenetic supertree of oscine passerine birds (Aves: Passeri). Zool. Scripta 35 (2): 149–186. (resumo HTML).
Distribución e hábitat
Reprodúcese nos desertos do noroeste de África ao sur da Cordilleira do Atlas desde o sur de Marrocos cara ao leste ata Libia e máis ao sur ata Mali e Níxer. Pasa o inverno na mesma área, e só migra a curtas distancias.
Descrición É unha ave pequena, a menor do seu xénero, de 11–12 cm de longo e 7–10 g de peso. Os sexos son de cores case idénticas, de cor area marrón amarelada clara na parte dorsal e abrancazada na ventral; o peteiro e patas son amarelados, e os ollos teñen iris amarelos. Difire da papuxa anana pola súa coloración en conxunta máis amarelada.
Comportamento
miniatura|Postas de 2 a 5 son as típicas na ''Curruca deserti' - MHNT Como os seus parentes, é unha ave insectívora, pero tamén come pequenas bagas; a diferenza da maioría dos sílvidos, adoita alimentarse no chan. A súa canción é unha distintiva chamada que fai en voo de anuncio, con notas claras (a diferenza da papuxa anana que canta con notas máis ásperas). Reprodúcese en ambientes desérticos e semidesérticos, con tal de que teñan algúns arbustos espallados para poder nidificar. Constrúen o niño nun arbusto e poñen de 2 a 5 ovos.
Notas
Categoría:Sílvidos Categoría:Animais descritos en 1858