miniatura|Papuxa anana en Kutch A papuxa anana (Curruca nana) é unha papuxa típica da familia Sylviidae que se reproduce nos desertos de Asia central e occidental e no extremo leste de Europa (do leste do delta do Volga ata o oeste de Mongolia Interior na China), e migra a hábitats similares no suroeste de Asia (Península Arábiga ata o noroeste da India) e o extremo noroeste de África (costas do mar Vermello) en inverno. Ata recentemente era considerada da mesma especie que a papuxa do deserto de África,Del Hoyo, J., Elliot, A., & Christie, D. (editors). (2006). Handbook of the Birds of the World. Volume 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Lynx Edicions. . pero agora están en especies separadas.IOC World Bird List version 2.9: Old World Warblers Svensson, L., Mullarney, K. & Zetterström, D. (2009). Collins Bird Guide, 2ª edición. HarperCollins, Londres . Ambas especies son parentes próximos e as súas relacións con outros sílvidos típicos non están claras. Poden estar bastante próximos á papuxa común; e, en concreto, as femias da papuxa común teñen unha aparencia moi similar á dunha papuxa anana máis ricamente coloreada. Parece ser que os tres taxons son membros bastante basais do seu xénero.Helbig, A. J. (2001). The characteristics of the genus: Phylogeny and biogeography of the genus Sylvia. Pages 24–28 in: Shirihai, H., Gargallo, G., Helbig, A. J., & Harris, A. Sylvia Warblers. Helm Identification Guides Jønsson, K. A., & Fjeldså, J. (2006). A phylogenetic supertree of oscine passerine birds (Aves: Passeri). Zool. Scripta 35 (2): 149–186. (resumo HTML).
É un paxaro pequeno (a segunda papuxa do seu xénero máis pequena despois da papuxa do deserto), de 11,5–12,5 cm de longo. Os sexos son de cores case idénticas, de dorso marrón gris con ás e cola máis marróns, e partes ventrais abrancazadas; o bico e patas son amareladas, e o ollo ten o iris amarelo. Igual que os seus parentes, son insectívoros, pero tamén comen pequenas bagas, e a diferenza da maioría dos sílvidos, adoita alimentarse no chan. A canción cántaa en voo cunha mestura de notas claras e ásperas. Reprodúcese en hábitats esteparios secos semidesérticos que teñan polo menos algúns arbustos para nidificar neles. Fan os niños nun arbusto baixo e poñen de 4 a 6 ovos.
Ten aparecido como vagante raro tan ao oeste como Gran Bretaña.Dymond, J. N., Fraser, P. A., & Gantlett, S. J. M. (1989). Rare Birds in Britain and Ireland. T & A D Poyser .
O nome específico nana vén do latín e significa 'anano', á súa vez do grego antigo nanos.
Notas
Categoría:Sílvidos Categoría:Animais descritos en 1833