Darío Cabanelas Rodríguez, nado en Trasalba o 20 de decembro de 1916 e finado en Ourense o 18 de setembro de 1992, foi un arabista galego cuxo traballo influíu nos estudos árabes do século XX.
Traxectoria Despois de estudar o bacharelato, filosofía e teoloxía en Santiago de Compostela, foi ordenado sacerdote na Orde Relixiosa Franciscana o 23 de xuño de 1940. A partir de 1942, estudou Filosofía e Humanidades, Sección de Filoloxía Semítica, na Universidade Central, hoxe chamada Universidade Complutense, de Madrid, con Premio Extraordinario de Licenciatura, e doutorouse o 15 de xuño de 1948 coa tese Juan de Segovia y el problema islámico,D. Cabanelas, Juan de Segovia y el problema islámico, Madrid 1952. obtendo un Premio Especial de Doutoramento. Foi bolseiro e colaborador do Instituto Miguel Asín Palacios do Consello Superior de Investigacións Científicas.
Ensinou lingua e literatura árabes na Universidade Complutense de Madrid e dende 1955 foi profesor na Universidade de Granada. Foi discípulo de Emilio García Gómez, e formou moitos profesionais durante máis de corenta anos. As súas achegas científicas son moi amplas: escribiu máis de 100 traballos, entre libros, artigos, recensións bibliográficas e informes, ademais de ser director de 18 doutoramentos, 26 teses de máster e impartiu conferencias sobre o mundo árabe e islámico en España e no estranxeiro.véxase: Homenaje al Prof. Darío Cabanelas Rodríguez, Ofm, con motivo de su LXX aniversario, vol. I, Granada 1987, pp. XIX-XXIX. Especializouse principalmente en lingüística, literatura e filosofía árabes, e entre as súas obras máis destacadas están os seus escritos sobre Ibn SidaD. Cabanelas, Ibn Sida de Murcia. Del Mayor Lexicógrafo de Al-Andalus, Granada 1966. e Alonso del Castillo.D. Cabanelas, El morisco granadino Alonso del Castillo, Patronato de la Alhambra y Generalife, Granada 1991.
Obras seleccionadas Juan de Segovia y el problema islámico (1948) Ibne Sida de Murcia : el mayor lexicógrafo de Al-Andalus (1966) Los poemas de las tacas del arco de acceso a la Sala de la Barca (1984) Una inscripción morisca del Albaicín (1986) La casa del Chapiz y la historia de su rescate (1987) Torres Balbás y los Estudios Islámicos en la España de su época (1989) La fachada de Comares y la llamada «Puerta de la Casa Real» en la Alhambra (1991)
Notas
Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1992 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Arabistas Categoría:Orientalistas Categoría:Profesores da Universidade de Granada Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid