Os play-offs da Auroraliiga 2024-2025 serán o ciclo de peche ou eliminatorias da tempada 2024-25 da Auroraliiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. As eliminatorias comezaron o 22 de febreiro de 2025 e finalizaron o 27 de marzo coa disputa do quinto partido das finais.
O IFK de Helsinqui, cuarto da liga regular, defendeu o título conquistado na tempada precedente.
Formato das series O 16 de maio de 2024 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo decidiu realizar varias mudanzas no formato da postemporada, entre elas a extensión as semifinais e as finais da Auroraliiga de series ao mellor de cinco partidos (3 vitorias) ao mellor de sete partidos (4 vitorias). Con todo, estes cambios non afectaron á serie de cuartos de final, que se seguiu a disputar ao mellor de cinco encontros como en tempadas anteriores.
Cadro de competición
Cuartos de final K-Espoo (1) vs Kärpät (8)
K-Espoo gaña a serie 3 - 0.
HPK (2) vs TPS (7)
HPK gaña a serie 3 - 1.
Team Kuortane (3) vs KalPa (6)
Team Kuortane gaña a serie 3 - 1.
HIFK (4) vs Ilves (5)
Ilves gaña a serie 3 - 2.
Semifinais K-Espoo (1) vs Ilves (5)
K-Espoo gaña a serie 4 - 0.
HPK (2) vs Team Kuortane (3)
HPK gaña a serie 4 - 1.
Partido polo bronce
Ilves gaña o partido pola medalla de bronce.
Finais
K-Espoo gaña a serie 4 - 1.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da Auroraliiga
Categoría:Auroraliiga 2024-2025