A filosofía da mente é unha rama da filosofía que se ocupa da natureza da mente e as súas relacións co corpo e co mundo exterior.

Un dos seus temas paradigmáticos é o problema mente-corpo, mais existen outros debates basilares na disciplina como o problema da experiencia consciente ou a natureza concreta dos estados mentais. Tamén se estudan características da mente como os eventos mentais, as funcións e as propiedades da mente, a consciencia e os seus correlatos neurais, a ontoloxía da mente, a natureza da cognición e do pensamento, ou a relación entre a mente e o corpo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filosofía da mente Categoría:Epistemoloxía