Axuste de contas (en ) é un filme estadounidense de 2019. Está protagonizado por Nicolas Cage e Benjamin Bratt. Estreouse o 2 de agosto de 2019 a través de RLJE Films.

Estreouse en galego o 20 de febreiro de 2025 a través da TVG. Foi traducido por Lucía Vázquez.

Sinopse En 2001, Frank Carver, un mozo gángster que traballa para un mafioso chamado Max, ve como o seu xefe executa un antigo aliado. Pídeselle a Frank que asuma a condena polo crime en troques de 450.000 dólares e a promesa de que o seu fillo, Joey, será coidado despois da morte da muller de Frank, Lorraine. Porén, a súa permanencia inicial de seis anos en prisión convértese nunha cadea perpetua.

Personaxes Nicolas Cage como Frank Nicole G. Leier como filla de Sleepy Mohamed Karim como Jimmy Benjamin Bratt como Q Ian Tracey como Tank Karolina Wydra como Simone Nicole Muñoz como Isha Noah Le Gros como Joey

Produción A rodaxe realizouse na Columbia Británica, no Canadá.

Notas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Shawn Ku Categoría:Filmes rodados na Columbia Británica Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego