, nada en Shanghai o 30 de setembro de 1920 e finada nos Ánxeles o 8 de setembro de 1995, foi unha ensaísta, novelista, guionista e crítica literaria chinesa-estadounidense.

Chang naceu no seo dunha familia de ascendencia aristocrática, e foi educada nun contexto bilingüe. Gañou fama literaria no Shanghai ocupado polos xaponeses, entre 1943 e 1945. Porén, tras a vitoria dos comunistas contra os nacionalistas na guerra civil chinesa, fuxiu do país. A finas dos 60 e comezos dos 70, a súa produción foi recuperada por eruditos como C. T. Hsia e Shui Jing. Xunto coa reavaliación da historia literaria na era posmaoísta durante os 70 e 80, acadou nova fama en Taiwán, Hong Kong, a China continental e nas comunidades da diáspora chinesa.

Traxectoria Primeiros anos Chang naceu como Zhang Ying (en ) en Shanghai o 30 de setembro de 1920. Foi a primeira filla de Zhang Zhiyi (1896-1953) e Huang Suqiong (1893-1957). O bisavó materno, Huang Yisheng (1818-1916), foi un importante comandante da armada. Pola súa banda, o avó paterno, Zhang Peilun (1848-1903), foi xenro de Li Hongzhang (1823-1901), un influente funcionario da corte imperial. Chang foi criada coa súa tía por parte de pai, Zhang Maoyuan (1898-1991).

En 1922, aos dous anos de idade, a familia decidiu mudarse a Tianjin. Ao ano seguinte, o pai deulle a coñecer a poesía dos Tang. A comezos de 1924, o pai adoitaba levar prostitutas ou concubinas á casa e consumir opio, ao que se fixo adicto; esta situación comportou constantes pelexas entre os pais. Durante esta época, a nai de Chang decidiu viaxar coa súa irmá a Francia para estudar. En 1927, o pai comprometeuse a abandonar as drogas e as súas relacións extramaritais, polo que Chang e a súa nai regresaron a Shanghai con el. Porén, a parella acabaría por divorciarse en 1930; en consecuencia, tanto Chang como o seu irmán máis novo, Zhang Zijing (1921-1997), quedaron co seu pai.

Aos 18 anos, Chang enfermou de disentería. No canto de procurar atención médica, o pai bateu nela e obrigouna a permanecer no seu cuarto durante seis meses. Finalmente, a escritora decidiu fuxir coa nai, coa que viviu os dous anos seguinte, até ingresar na universidade.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Shanghai Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América