Vázquez ou Vásquez é un apelido galego. É un apelido frecuente en España e tamén nos países de Hispanoamérica.

En xaneiro de 2023 existían 89.546 persoas en Galicia co apelido Vázquez, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido Vázquez na web do Instituto Galego de Estatística. A forma alternativa Vásquez é o apelido de 922 persoas.Apelido Vásquez na web do Instituto Galego de Estatística.

Etimoloxía A súa orixe é patronímica; "Vázquez" está relacionado con "Vasco" e significa "fillo de Vasco".Significado de Vásquez Outros relaciónano directamente con "Velasco" e a orixe común dos apelidos Vázquez, Blázquez, Velázquez e Vásquez.

Orixe e frecuencia Aínda que é común confundir a súa orixe coa rama asturiana do apelido, tense constancia de que os primeiros Vásquez apareceron en Baiona (na provincia de Pontevedra) e noutras zonas de Galicia antes da época de Paio en Asturias, que é cando aparece alí.

É máis común en España a forma "Vázquez" e en Hispanoamérica como "Vásquez".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016.

Categoría:Apelidos galegos