Juan María Quiroga Gómez de Orbán, finado en Lugo o 20 de xaneiro de 1880, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de José María Quiroga Prado e Carmen Gómez Gómez. No Sexenio Democrático foi elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de agosto de 1872. Finou en Lugo o 20 de xaneiro de 1880.La Ilustración Gallega y Asturiana, 28-1-1880, p. 19.
Vida persoal Casou en tres ocasións: a primeira con Jacoba Bermúdez de Castro Sangro e Páramo, da Casa de Vilabade de Castroverde e da de Goián de Pantón, entre outras; coa que tivo tres fillos, Cristina, Jacoba e Juan Reinaldo Quiroga Sangro. Do seu segundo matrimonio tivo un fillo que falece de neno. Casou en terceiras nupcias con Antonia Mouriz e foi pai de Carmen Quiroga Mouriz.
Notas
Véxase tamén Bibliografía ) Ligazóns externas Colección documental del Archivo de la Casa de Otero de Quiroga (Siglos XIII-XVIII)
Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Finados en 1880